sábado, 4 de enero de 2014

Xeo e Neve

Cando vimos aqueles agasallos tan raros algúns pensamos que Papá Noel toleara, a L. tiña claro que eran cousas para a gatiña á que levabamos semanas alimentando e á que bautizaran Silvia.

Silvia

Unhas latas de comida para gatos, un cestiño, unha caixa de area e o que a Z. decidiu que era unha pulseira con axóuxere para cada unha das Tartarouchas.

Estrearon a roupa que lles trouxo, tamén chea de gatos e logo cambiamos de casa, e mentres desenvolvían paquetes un dos agasallos miañou, a Z. dixo cun aire de "non fagades caso" "é só un boneco que fai ruido", pero ó abrir o paquete resultaron ser dous gatiños de verdade!!!

As roupas eran unha pista, igual que todos aqueles agasallos tan raros, e as pulseiras eran en realidade os seus futuros colares.

As nenas bautizáronos Xeo e Neve, mentres polo camiño viamos por vez primeira este ano as montañas nevadas.
E aquí estamos todos entretidos e babados con eles. En breve volveremos ter pelusas rodantes e iremos coa roupa branca chea de pelos negros e a negra chea de pelos brancos e non nos importará porque temos dous compañeiros novos.

25122013-IMG-20131225-WA002

25122013-IMG_5736
PicMonkey Collage28122013-IMG_5834

28122013-IMG_5831 
28122013-IMG_5846
28122013-IMG_5850
29122013-IMG_5861
29122013-IMG_5864

Resultaron ser uns gatiños que xa coñeciamos, así que agradecémoslle á súa mamá e ós seus coidadores que os deixaran vir connosco. Aquí a mamá Cinza despedíndose deles.

24122013-CAM00091

Xa sabedes, a partir de agora haberá dúas rosquilliñas máis no noso sofá, así que antes de vos sentar cando veñades de visita mirade debaixo do cú, por se acaso.

30122013-IMG_5877

6 comentarios:

  1. Caéseme a baba!!!que envexa!!!:-):-)

    ResponderEliminar
  2. Feliz 2014 para todos, rosquilliñas incluidas !.

    ResponderEliminar
  3. Ohhhhh! Rosquillas y montoneras para el 2014!!! Feliz año familia supernumerosa :*

    ResponderEliminar
  4. Aiiiiiiiii... que bichos tan bonitos...!, si o máis claro é cuspidiño ás miñas cando eran dese tamaño!!!
    Xa sabedes se son machos ou fémias? Ou un de cada?

    Como vai costar volver ao cole este ano...;)

    Bicos e feliz ano a tod@s!

    ResponderEliminar
  5. Cuanta ternura! Una preciosa manera de empezar el 2014!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir