lunes, 20 de enero de 2014

2014

Xa máis preto do final de xaneiro que do comezo e eu levo máis dun mes sen asomar por aquí. E semella que iso é o ano novo.

De súpeto deixei de necesitar escribir aquí, non sei se seguirá sendo así ou non, pero como levo xa un par de anos rumiando creo que de facer cambios no blogue un deles sería este: as Tartarouchas fanse grandes, e cada vez é menos o que hai que contar do que pasa "por fora" e máis o que pasa " por dentro", como se vai forxando o seu eu adulto e como van evolucionando os seus pensamentos e maneiras de ser. Levo tempo debatíndome entre conservar eses recordos e sentimentos ou deixalos pasar, e agora creo que chegou o momento, o meu propósito para o novo ano é materializar as miñas fotos e as historias que as acompañan para a nosa familia. Encántanme as fotos, pero sobre todo encántame TOCAR as fotos e, quitando algunha nun marco, levo dende o 2010 sen facer fotos en papel. Os albumes familiares que enchía cada ano e que nos gustaba tanto ver en familia deixaron de avanzar, así que chegoulles o seu momento. Deixarei de compartir aquí as súas cousas e pasarei a facelo só para nós.

Non me gustaría deixar abandonado o blogue, penso que podería seguir compartindo as cousiñas que vou facendo, ou facelo máis meu, pero a verdade é que últimamente a vida non me deixa tempo a moito máis ca facer comidas e poñer lavadoras. Fixen algunha roupa para os Tartarouchos hai uns dous meses ou por aí, e aínda non tiven tempo de vola amosar, e teño unha colcha comezada dende o verán (á que lle faltan tres cuartas partes por facer só da dianteira, máis todo o resto), uns coxíns a petición da L., un  par de encargos de costura, e teño uns calcetíns e un chaleque comezados a calceta dende hai tamén máis dun mes e que non avanzan, porque non hai tempo a nada. Supoño que nalgún momento volverei atopar ocos para rematar as cousas que comezo e para intentar compartilas aquí, pero agora mesmo non podo aseguralo. Así que imos sobre a marcha.

O ano pasado pensei moitas veces en que me daba pena ver esmorecer os blogues, supoño que pasou a súa época porque os que quedan vólvense moi "profesionais", estética moi coidada, fotos preciosas, e chegaron instagram e facebook e fixeron da inmediatez a súa culaidade estrela, xa non hai que redactar, porque cunha frase abonda, non hai que preparar-facer-descargar-escoller fotos para enfeitar o texto, porque coa foto que tomamos no mesmo instante e con esa palabra ou frase xa está todo feito... enténdoo, pero boto de menos as historias por contar,... e outra cousa que non me gusta é a dispersión que aconteceu en moitos dos blogues que seguía/sigo: porque no blogue hai unha parte minúscula, en instagram están as imaxes a diario, no facebook unhas poucas palabras máis,... xa non é posible seguir todo nun mesmo sitio e iso dáme ademáis de mágoa, galvana. Porque unha empeza a ter unha idade, vese, na que lembra o que había antes con cariño, e ata o tempo pasado lle parece mellor... que me fago mentalmente vella, vamos! :D
E agora resulta que son eu a que ve o meu blogue camiñar pola corda frouxa...paradoxas...

Agardo volver por aquí, e se non, que saibades que todos estamos ben.
Déixovos coas estrelas da casa nos últimos tempos.

Biquiños!







11 comentarios:

  1. Que mágoa Familia dos Tartarouchos, botarémosvos de menos!! Fai moito tempo que vos seguimos aínda que nós fai pouco que comezamos nestas andainas do blogue. Só desexarvos moita sorte se xa non vos vemos por aquí.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Ben, a mín gústame ver por aquí anacos da vosa vida a través do lente, e máis agora que tedes novos e preciosísimos membros na familia... :D Pero hai que ir deixando evolucionar as cousas con naturalidade e, se non apetece, pois non apetece...

    Atoparémonos no camiño...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ah, e moitas grazas pola indicación que me fixeches no meu blog. Son destas cousas que nalgún momento intúes quero que van quedando aí olvidadas, sen arranxar, porque cando eu estou identificada non o vexo...
      Bicos.

      Eliminar
  3. Aunque silenciosa, llevo años siguiendo tu blog y no puedo creerme que nos vayas medio a abandonar, te echaré mucho de menos. Estoy de acuerdo con lo que dices de que echas en falta las historias de contar, yo soy de las que todavía no estámetida en ninguna red social (excepto ravelry, si así se considera) y meto largas parrafadas en mi blog, porque con cada proyecto que tejo hay una historia detrás y, qué narices, me gusta contarla. A menudo pienso que soy tonta por matarme a escribir tanto, pues la gente ya no se mata a leer, a veces incluso me siento culpable (¿?¿?¿?¿). Supongo que es más fácil para todo el mundo leer una pequeña frase que una pequeña historia, no? Pero yo lo seguiré haciendo, aunque sepa que pocos se detienen a leerla entera, seguiré contando mis historias y leyendo las de los demás. Y con esta frase me remito al principio de la entrada, porque me encantaba leer las tuyas y ahora ya no serán! Pero en fin, como dicen por arriba, lo más importante es ser feliz, que la vida es corta e intensa y no estamos como para perder el tiempo con cosas que no nos apetecen, no?

    Mucha suerte!

    ResponderEliminar
  4. Bueno, Raquel, pues aquí estaremos para cuando quieras pasar...! Muchos besos a los tartarouchiños, ha sido un placer acompañaros todo este tiempo.

    ResponderEliminar
  5. ooooh!!que magoa q non sigas contando historias por aqui...grazas por todo este tempo de contar cousiñas sobre as tartarouchas...asi,para min q estou lonxe e non podo disfrutar delas todo o que quixera permitiume non perderme un monton de cousas e de ver como crecian...espero q sigades por aqui..grazas

    ResponderEliminar
  6. Que máis podo dicir ?. Pasa o tempo e a evolución continúa e o que un día foi unha estrela no universo hoxe desaparece como pasa co este voso blogo que me marabillou de sempre.
    É o que hai e non hai máis que facer.
    Graciñas por todo e por non despedirte á francesa.

    ResponderEliminar
  7. OOh non o deixes de todo! coido que este é o único blog que me paraba a ler!!
    Graciñas por compartilo!
    Saúdos e sede felices***

    ResponderEliminar
  8. Pois... eu sonche escéptica, penso que algo caerá por aquí (ainda que eu teño a experiencia da miña "Mierda en casa", que pasou e quedou aí)...
    Grazas, Tartarouchos, deica logo.

    ResponderEliminar
  9. Me encanta leerte , a ver si te encuentro por otra parte!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. naii, estou aquí! www.datartaruga.blogspot.com.es
      Pero aquilo é outra cousa ;)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir