viernes, 13 de diciembre de 2013

48/52

Z :: 48/52

L :: 48/52

B :: 48/52

Z: Aínda non cumpriches, pero xa o celebraches, primeiro desexo concedido: unha celebración especial, con animais.

L: 5 anos, 5 ANOS!! E non deixas de sorprendernos a diario, sempre medrando.

B: Xa pasou un ano dende que che demos a benvida. Celebrámolo os 5 xuntos coa túa candea nun anaco de biscoito que quedaba. Apagáchela coa man, e coma sempre, non paraches de sorrir.

Cara b: o mesmo día do teu aniversario decidiches que merecía a pena tomarse máis en serio o de camiñar, dende entón sempre empezas a dúas patas, aínda que non dure moito.


2 comentarios:

  1. Que marabillosos sorrisos os da primeira e a última foto. A maxia do instante...

    Sabes que gracias á resposta a un comentario que me deches hai un tempo descubrín que o obxectivo que comprei hai uns meses tiña front-focus? Estanmo reparando, porque aínda o teño en garantía. Quedareiche agradecida para sempre, porque non tiña idea de que ese problema podía existir, e mira que o consultei con xente que sabe algo de fotografía...
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Vaia, pois alégrome de ser de axuda e de que o poidas solucionar. :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir