viernes, 22 de noviembre de 2013

Tempo de calcetar

Chegou outra vez, despois de meses sen tocar as agullas (quitando as alfombras de ganchillo) de súpeto nunha fin de semana atopeime tecendo e xa non parei. O outono ten ese poder, fai que as árbores se poñan preciosas antes de perder as follas e que eu volva coller as agullas coma nun impulso invisible.

O primeiro que tecín foron dous gorros, de agasallo para aivou, para que non lle enfríen as ideas no inverno. O capucine, ese que máis ben é un carapucho que un gorro fíxeno con dúas madeixas de la e seda que mercara hai xa bastantes anos. Tiven que engadir un novelo a maiores para os pompóns (Como se chama isto en galego? Non son pompóins exactamente, en inglés son tassels...). Tapa moi ben e é moi doado de facer e de poñer, non queda embutido na cabeza coma os puchos normais. Gustoume.

capucine

O outro fíxeno cunha combinación de patróns, usando la que sobrara da mantiña que rematei o ano pasado. Tiña a idea de facer esas ondiñas que gardaba na memoria, e mirando entre os proxectos no ravelry atopei este e encantoume o elástico coa formiña para as orellas, así que xa o teño gardado nos favoritos e hei repetilo, faise con voltas curtas e queda perfeto.

mar e sol

O ravelry ten moitas cousas boas, e tamén algunhas malas, por exemplo saber que tes un par de calcetíns comezados dende decembro do 2009... ejem, catro anos para facer un par de calcetíns. comecei a facer os sidewinders, que se tecen ó longo, pero cando acabei o primeiro non me quedaron ganas de máis: un montón de grafting (que tampouco sei como se chama en galego, é o remate que se fai cosendo de maneira que o punto queda coma se se calcetara), un costurón baixo as dedas que non souben moi ben como amañar, e que me aprecía un pouco estreito, pero non se pode corrixir nin de longo nin de ancho unha vez feito. Así que acabei o primeiro e decidín que o segundo ía facelo diferente. Escollera un patrón no que o talón se facía coma un gorriño, pero cando xa o estaba rematando decateime de que na zona do gorriño quedaba aínda máis estreito que o primeiro que fixera, así que, aínda que o aborrezco enormemente, desfíxeno. E logo xa non fixen nunca nada máis relacionado con ese par de calcetíns. Tiña un feito e co outro xa me vencera a frustración e estaba aburrida de tanto facer e desfacer. Pero despois do par de gorros (e de catro anos) colleume con forzas e rematei un calcetín liso comezado dende arriba en só uns días, logo de investigar como era que se facía un montado elástico con dúas agullas que vira no blogue de Barcelona Knits cando aprendín a facer calcetíns. Betty axudoume e dixo que era o "german twisted cast on" aínda que a min ségueme a dar a sensación de que no vídeo orixinal o fío pasaba entre as dúas agullas. Tanto ten, usando as dúas agullas xuntas para montar os puntos queda moi elástico.
E gústame o resultado, cos dous calcetíns diferentes.

raros
raros
(o B. axudándome a "colocar" a roupa dos caixóns)

O seguinte que fixen foi montar outro calcetín cun dos novelos de la para calcetíns que teño na casa, e que serán o propósito desta temporada. Veredes, coa la para calcetíns teño un pequeno problema, cando vou a unha tenda de las polo que sexa e me vexo tentada para mercar, pero son consciente de que non teño tempo para tecer toda a la que teño na casa, ás veces pásame que merco un novelo de la para calcetíns, total é só un... e claro, logo pasa que teño só un novelo, así que o único que podo facer é un minichal ou un par de calcetíns, e cando me poño a tecer un par de calcetíns remato o primeiro e dáme a síndrome do segundo calcetín e cagámola. Así vou, gastando un novelo cada catro anos. 
Bah, estou esaxerando un pouco, creo que contando cos que comecei agora teño só catro novelos, pero este inverno tratarei de surtirme de calcetíns.


Preparadas para unha finde de sofá e agullas?

NOTA: Grazas a todas polos comentarios na entrada anterior :)

10 comentarios:

  1. Pásame o mesmiño ca ti....momento calceta !!! ;-

    ResponderEliminar
  2. Si, se nota el fresquito, apetece tejer como locas jejejeje
    Me gusta mucho ese elástico tapa orejas, muy práctico.
    Yo tengo muerto de asco un ovillo de lana para calcetines, no me decido a ponerme a tejerlos.
    Ays, deshacer, ayer tenía media manga tejida de un jersey para el mayor y me di cuenta que me quede corta en el ancho de una de las franjas (es a rayas), tocó deshacer, ¡¡¡¡lo odioooooo!!!! mañana cuando se me pase la mala ostia sigo con él.
    Como te descuides, B te va a chorizar los calcetines, se le ve con unas ganas jijiji

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hoxe pola mañá atopei un par de calcetíns seus que tiña postos onte gardados nun caixón do moble do salón... non necesito dicirche máis, non? :D

      Eliminar
    2. jajajaja, ahora empieza la etapa más divertida, ¡¡la de trasto!!

      Eliminar
  3. ¡Por favor...!¡Qué belleza...! Me encantan los gorros, los dos! Y los calcetines son preciosos!

    ResponderEliminar
  4. Co frío que temos estes días por aquí ata a min me están dando ganas de tecer calcetíns e gorros de lá. É que eu non teño calcetado máis que bufandas, ou sexa, que nunca fixen nada cun patrón determinado... As instruccións danme moito medo porque cando as leo rápido nunca entendo nada. Así que teño dúas opcións: poñerme a miralas con calma dunha vez ou botar man de miña nai para que me axude a enterarme. Creo que van ter que ser as dúas cousas...

    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Montse, eu non son quen de procesar ningún patrón ata que o fago. Ás veces dou unha lectura rápida só para saber o tipo de construción que teñen as prendas (se se empezan por arriba ou por abaixo, se son pezas e hai que coser,...) pero a maior parte das veces non os leo antes. Vounos facendo sobre a marcha porque así as cousas van saíndo, se non non me fago a idea de nada do que me di. Ti non teñas medo, ponte con algún e se tés algunha dúbida pregunta! A min, a algunha outra coñecida, ou en ravelry, que hai xente moi amable e un montón de foros. E a miña recomendación principal é que mires os patróns en inglés, que son moito máis claros e sinxelos de entender.

      Eliminar
  5. Yo también estoy dale que te pego con las agujas estos días. Cuando hace frío y estamos todas juntas en casa me encanta tejer. De momento no me he animado nunca a hacer calcetines, me parece que tiene que ser super difícil Y luego está el tema de que, claro, son dos! Me da que entre uno y otro yo también perdería el interés... y que me salgan diferentes es una posibilidad bastante grande. Aunque viendo lo chulos que te han quedado a tí eso no me importa tanto.
    Besos

    maría

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir