viernes, 29 de noviembre de 2013

Reapertura

Fixen moitas cousiñas para a tenda no verán, pero tívena pechada porque non era quen de actualizala. Parece unha parvada poñer unha tenda online, pero hai que facer as fotos (que xa é un traballo en si mesmo), preparar as descricións dos artigos, pesalos para saber o custe do envío... e todo iso sen vender un!
Coas fotos nunca dou feito, cando dou sacado un oco para preparar un lugar para sacalas acábaseme o tempo e teño que deixalo todo a medias. Esta semana decidínme a poñerme dunha vez, e se non quedaban mellor, pois quedaban peor. Non usei reflectores nin atinei coa mellor luz, pero as fotos están listas para amosarvos as cousiñas que fixen. E xusto esta fin de semana comeza decembro, igual tendes pensado facer algún regaliño e algo do que teño encaixa ben co voso agasallado.

Ademáis das cousas que xa estaban: manteliños, mantas, pousatazas e fundas de coxín

tenda 1

fixen outras cousiñas novas:
toalliñas de lactancia (xa sabedes, coma as que fixera para o B.)

toalliñas

fundas para os móbiles ou para levar algún boli convosco no bolso

fundas mobil


unha mantiña nova de retallos e con franela para estar quentiños no sofá

mantiña

xoguetiños de etiquetas para bebés

etiquetas

un bolso do que estou namorada

bolso

un estoxo para lápices cunha cámara para algunha tola coma min

estoxo

e uns portabolis para a Moleskine como o que fixen hai moitos anos para min e que segue en uso a diario.

portabolis moleskine


Podedes escribirme con calquera preguntiña, e entrar na tenda Da Tartaruga mirar porque hai moitos máis modelos ca os que puxen aquí.

Boa finde e boa entrada en decembro, por aquí xa comezamos coas celebracións.

9 comentarios:

  1. me encanta!! preciosidades tienes en tu tienda!! Ese estuche de la cámara me tiene alucinada, es chulísimo! Y yo que no sé ni coger el bajo de un pantalón...

    ResponderEliminar
  2. Pero cantísimas cousas tes feitas! Téñolle botado o ollo a unha cousa para regalar...

    ResponderEliminar
  3. todo precioso! va a volar enseguida! mi preferido es el estuche de cámara de fotos, es genial!!

    ResponderEliminar
  4. Encántame todo, xa lle faremos publi, logho, non? Isto ten que velo moita xente. Si non tés problema niso, podería poñelo no meu feisbu..? hai que darlle caña, que ven O nadal e tés cousiñas taaaan bonitas (como choias, chavalita!) ;)

    bicooos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Aurora, e non choio tanto, choiei un pouco, agora non me dou sentado nin a ordenar a mesa da costura, nin a escribir aquí.
      Saudiños!

      Eliminar
  5. Xa teño as miñas cousiñas da tenda conmigo! Encantoume todo. Qué ben coses. Nin un pequeno defecto nun remate sequera...
    Moitas grazas!

    Bicos.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir