martes, 26 de noviembre de 2013

46/52

Semana do 11 ó 17 de novembro, xa só falta unha.

Z :: 46/52

L :: 46/52

B :: 46/52

Z: A naturalidade se cadra non é a túa cualidade á hora de sacarte fotos,... pero tés outras :)

Cara b: Cando na casa comemos pasta gardamos sempre unha ración para ti. Ó volver do cole merendas así.

L: Estiveches argallando ás caladas e cando estabas preparada debaixo da manta dixeches: "Vou durmir a sesta coma papi"
Logo pechaches os ollos... uns 5 segundos

B: Gústache facer cu-cú mentres papá durme a sesta baixo a mantiña no sofá. Sinalas todo co teu índice e acompáñalo sempre dun bramido. Acenando non-non-non-non-non.

Cara b: Intentando unha foto carné entre os dous.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir