domingo, 24 de noviembre de 2013

45/52

Levo moito retraso nas fotos do proxecto semanal, hoxe intentei preparar e só puiden adiantar unha semana, són do 4 ó 10 de novembro, así que quedan aínda tres á espera.

Z :: 45/52

L :: 45/52

B :: 45/52

Z: Drama de domingo: hora e media chorando porque queres ter un cadeliño.

Dende que non está Olivia todas as noites vés á nosa cama tremendo, con pesadelos. Cando volviamos o domingo a casa no coche dixeches que non querías durmir, que durmías moito mellor cando Oli estaba contigo. E debes ter razón, Oli era única. 

L: Na casa da avoa Olga atopaches os lazos... digna bisneta da avoa Marilde, o que ía gozar téndote de filla ;)

Z: Chamámoste: señor pequeno (porque es pequeno), señor redondo (por esa cara e eses ollos), Sansón (pola túa forza inhumana), terrorista (polo caos que queda alí onde estiveches), Dorito (porque sempre falas en "balleno", coma Dori). Ás veces tamén usamos o teu nome.

Cara b: Cos bisavós Sindo e Marilde

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir