lunes, 4 de noviembre de 2013

43/52

Z :: 43/52

L :: 43/52

B :: 43/52

Z e L: Xogando a ser paleontólogas buscando dinosauros no xogo que trouxemos do MUJA (houbo un fallo, o kit era para buscar dous dinosauros, pero só traía un xogo de ferramentas)

B: Deixeite un rato con papá na cociña e cando volvín estabas así.

Cara b: na herba ❤

Hoxe só me deu tempo a preparar as da semana anterior, e comeza a notarse a época na que estamos: fotos dentro de casa e sen luz... xa non me lembraba.

5 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Esto es la primera (y posiblemente una de de las pocas veces) que lo hace... es el tercero y se cuenta con los dedos de una mano cuando ha asado algo así entre los tres.

      Eliminar
  2. Pois consigues sacarlle moito partido á falta de luz. Non sei como o fas... Usas trípode? Supoño que non, polo tipo de fotos, así que debes de ter moi bos obxectivos, non sí?

    Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non montse, non uso trípode, teño dous obxectivos moi luminosos, o primeiro que merquei hai xa 4 anos ou por aí foi un 50mm f1.8, é moi asequible e ten un bokeh precioso, pero por desgracia apenas o uso agora porque ten front focus e co corpo da miña cámara non podo solucionalo, así que ou mando amañar este ou merco outro, e seguramente isto último sexa máis barato, así que sígome resistindo, pero apenas o uso.
      E logo o ano pasado pedín de agasallo de cumpreanos, Nadal, aniversario, e todo o celebrable un 28mm f1.8 co que estou contentísima para as fotos de interior, ó ter máis ángulo e ser máis luminoso permíteme facer fotos moito máis ambientadas, nas que non sae só a cara senón que ademáis do corpo apréciase o entorno (caótico) aínda usando os diafragmas máis abertos. Hai tempo que sei que esas son as fotos que me gustan, nas que aparece por atrás un xoguete tirado do que cando sexas grande che veñan lembranzas ó ver a foto.

      Eses son os segredos para ter algo máis de luminosidade, e iso que o corpo que teño eu (canon 450d) só ten 1600 de iso e a partir de 800 o ruido é horrible,...

      Biquiños

      Eliminar
    2. Non te imaxinas o que ben que me acaba de vir a túa resposta! Eu merquei un 50mm f1.8 este verán e ando peleándome co seu xeito de enfocar, porque poucas fotos me saen ben. No sabía nada do "front focus" nin do "back focus" e acábasmo de descubrir! Vou facer as probas que recomendan por aí para estar segura de se lle pasa algo ao obxectivo ou é falta de destreza miña. Como aínda o teño en garantía espero poder solucionalo se de verdade ten un problema...

      Iso do 28mm f1.8 sí que cho envexo! Ao mellor algún día o pido tamén. Así sí que me gusta mercar cousas novas: cando as levas desexando desde hai tempo porque responden a unha necesidade real. Eu teño un moi bo equipo de foto analóxica que xa non uso e no dixital entrei pouco a pouco, herdando aparatos, aos que despois de moito tempo lles vou vendo as limitacións.

      Grazas por responderme tan ben. Bicos!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir