domingo, 27 de octubre de 2013

Unha semana de vacacións

Levo toda a semana intentando sentar a poñer as fotos da escapadiña da semana anterior, pero este ano dende que comezou o cole noto máis ca nunca que o tempo se me escapa. Nin a coser, nin a calcetar, nin a escribir aquí,... apenas teño tempo a seguir o día a día, e xa sabedes que eu son de servicios mínimos na casa, non podo imaxinar como facedes as que traballades fora e tendes casas impolutas... como sexa, semella que dei arañado un chisco de tempo hoxe, a ver se polo menos isto non me queda atrás.

Ata agora as vacacións que máis nos prestaron sempre foron as de fora de temporada: coller uns días de descanso e ir a algures preto e onde todo estea tranquilo, non sei se a cousa cambiará porque dende que estamos en terceiro semella que se puxo serio o asunto e, aínda que a mestra insista en que o pase ben nas vacacións a coletilla de "xa recuperará á volta" quere dicir que todos os exercicios que o resto fixeron esa semana ela terá que facelos á volta xunto cos deberes de cada día, e ademáis facer os exames que quedaron polo camiño. Aínda non sei como capear este temporal porque non me gusta e non vexo maneira de venderllo... pero esta é outra historia, agora imos coas vacacións, que unha semana dá para moito.

deberes
peiteando
familia
coroa

Unha comida cos bisavós Sindo e Marilde (pero non levei a cámara!) e un día coa avoa Olga, e logo a deixar a Galla cos avós Moucho. Unha coroa de cartón feita polo Moucho para a L. que tanto lle gustou que dixo que iso era o que lle ía pedir a Papá Noel. Un susto incluído (deixade sempre os medicamentos fora do alcance dos nenos,... aínda que na vosa casa non haxa nenos, ben altos e se pode ser baixo chave) que por sorte quedou só en susto, e volta a casa.

E de casa camiño a Asturias a aproveitar que nos deixaban usar unha casiña preciosa no paraíso.


no pé
entre os asentos

a casa, o altillo
a casa, o altillo
a casa, o ventanal
botas
siluetas
a mañá
no chan
luz
regreso al futuro
na miña cama
O altillo onde as nenas pasaban o tempo xogando, eses ventanais cheos de luz cara as montañas, a triloxía de Regreso al futuro!!! Para namorarse dela :)
Ata roubamos unha mazá perfecta das maceiras da casa...

mazá
comendo a mazá
beleza

Fíxome gracia que o primeiro día que saímos co coche vimos á xente traballando no campo, nun monte empinado sen traballar arrimando sacos de patacas á parte máis baixa do terreo, por onde pasaba a estrada e iamos nós co coche. "Pero de onde vén esta xente coas patacas?" E logo caín na conta, non eran patacas, claro, eran mazás, porque en Asturias non hai vendima, pero hai o seu equivalente para facer a sidrina e xusto na mesma época (os avós Moucho vendimaran esa fin de semana).

Días tranquilos (quitando o estrés de perder unha mañá a unha cadela polo monte lonxe de casa), paseos, dinosauros, praia, algunha partida ó scrabble (estamos acabadiños, eh?) e boa compaña. Vacacións ideais.

ponte ás pegadas
playa la griega
carreiras
debuxos
cara
Z
araña
pegadas
pegades
pegadas
Praia La Griega

paseo
paseo
paseo
puente
Ruta de las foces del Infierno

muja
MUJA Museo del Jurásico de Asturias

Á volta paramos xantar en Muros de Nalón e no canto de marchar ó rematar decidimos acompañar a Rita e a Madro mentres ían dar un paseo ás cadelas, e descubrimos unha praia PRECIOSA, para deixarnos con ganas de máis.

praia paraíso
alegría

Foto de familia case completa para rematar (a Maga e a B. non lles vemos a cara).

todos

Si, haberá que volver.

NOTA: Grazas a Rita e Madro coma sempre por levarnos e a Carlos e Marta por fiarse de que non lles iamos destrozar a casa.



6 comentarios:

  1. joe..que casa mais chula!! fermosas fotos!!

    ResponderEliminar
  2. Pois iso é vivir, non? Desfrutar das cousas cando xonden, non so cando o calendario di que tocan...

    Teño compañeiros que non lles xustifican as faltas aos alumnos se marchan de viaxe polo medio do curso. E eu, sen embargo, sempre lles animo se lles aparece a oportunidade dunha escapada. E despois eses compañeiros acaban facéndome sentir unha profesora "irresponsable" e pouco seria por pensar que nunha viaxe a Londres aos 17 anos poden aprender tanto como aprenderían conmigo eses días na clase...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Podía ter máis xente esa maneira de pensar, Montse, pero sodes poucos ou poucas... a nós prestounos moito, pero a estas alturas seguimos facendo traballo "atrasado". Aínda menos mal que podemos ilo facendo ós poucos...

      Eliminar
  3. Encantados con dejaros nuestra casa familia dos Tartarouchos! Muchas gracias por cuidárnosla tan bien. Las fotos son preciosas. Volved cuando querais pero a cambio necesitamos un curso acelerado de construcción de trampas para avispas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Las pobres caen con cualquier cosa, la primera que hicimos funcionó muy bien, a la segunda no sé si es que llevaba poco azúcar el agua o si era poca cantidad de agua, pero la liamos, estaban cabreadísimas. Yo no sabía que los avisperos eran así de grandes, más de 100 había seguro! A ver qué os encontráis cuando lleguéis.
      Nos apuntamos a volver a cuidárosla ;), muchas gracias!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir