viernes, 11 de octubre de 2013

Consumir

Hai tempo que veño fixándome en iniciativas doutra xente polo mundo que teñen que ver co consumo. Por ecoloxía, por economía, por convencemento, penso que consumimos demasiado. Non falo só xa dos miles de envoltorios que enchen a sección do plástico do lixo a diario, nin no abuso do coche, nin só na compra de roupa,... de todo en xeral. Pero a min cústame moito non tirarme de cabeza a mercar, síntome coma unha ionqui, sobre todo porque SEI que, se deixase pasar o impulso, posiblemente non mercaría iso que me parece imprescindible e que en realidade non o é.

A Z. pasou o verán cunha sudadeira. Son as súas chaquetas, o único que usan para abrigarse en todo o verán. Era unha sudadeira usada que nos deu alguén e eu estaba convencida de que NECESITABA outra máis, sobre todo por se se lle manchaba. O caso é que cando busquei unha sudadeira con carapucha ó principio do verán non había nada, así que deixei ir pasando o tempo e xa iría mirando. Pero non vía nada. Logo decidín usar o consello para facer as maletas de Aivou: se logo necesito algo, mércoo. Vale, se nalgún momento boto moito en falta unha chaqueta pois irei mercar e mercarei a que haxa. E iso non pasou. En todo o verán non necesitou máis ca unha chaqueta. Aínda estou tratando de dixerir o que sobremerco normalmente.

tazas
(o outro día vin esas tazas azul e verde, gustoume o tamaño e collinas. Pero non só esas, collín un par de cuncas grandes nas mesmas cores. En canto cheguei a casa arrepentinme. Alguén ten tal cantidade de tazas? E na foto faltan seis (SEIS) que estaban sen lavar)

Outras veces, acompañando a ese impulso de mercar, decátome que houbo unha época de contención anterior: paso un tempo no que non merco nada (nótoo sobre todo na roupa das Tartarouchas, pero tamén noutras cousas) pode que me lembre de adquirir algo, pero consiga deixalo pasar, e entón un día merco iso e atrás van outras cousas que non entraban nos meus pensamentos ou que xa decidirá que realmente non necesitaba. É como se quitara o tapón para que saíse un pouso do fondo do lavaboe logo non fose quen de volver poñer o tapón antes de que marchara a metade da auga.

Sei que hai xente que merca (ou que consume) moito máis ca nós, pero tamén sei que o que consumo eu moitas veces non e necesario. Onde está o límite entre o que REALMENTE se necesita e o que cremos necesitar? Onde se empeza a ser "cutre" se non mercas? Ata onde estamos dispostos a que iso afecte (porque lles vai afectar) ós nosos fillos? Está ben que saiban que non estás dacordo en que se teñan seis pares de zapatos para combinar coa roupa, ou está mal que se sintan diferentes por non telos? Está ben non mercarlles cromos para os álbumes que cada ano se poñen de moda, e dos que sempre falta algún para encher a colección ata que gastas o triple do que custaría mercalos podendo escollelos, ou está mal que non poidan compartir o xogo de moda no recreo?

Aínda lembro o cambio que supuxo en cuestións de vestiario, que a Z. comezara no cole. Ata entón usabamos maiormente roupa "de andar por casa", e moitas veces se se manchaba un pouco volviamos poñela ó día seguinte, porque cumpría perfetamente a súa función. Ó comezar no cole a necesidade de prendas multiplicouse e o volume de lavado tamén, porque a roupa "un pouco sucia" xa non valía para poñer ó día seguinte. Que mundo máis hipócrita, non?

Non falo de xoguetes porque non os mercamos nós, pero isto pasa en case todas as casas, todo o mundo ten a mesma sensación de que non está ben, e séguese a facer: vós non tedes que desfacervos de xoguetes para que poidan meter outros? E non falo de xoguetes doutras etapas senón dos que apenas tocan? E non hai esa "necesidade" de seguir agasallándolles cousas cando o que queren en realidade é tempo? Unha nai que coñezo puxo coma norma que os seus fillos só tivesen un agasallo polo Nadal. Eu non o conseguín, o máis que consigo é que non haxa algo grande, ou que sexa algo útil coma roupa ou calzado, pero sempre vai acompañado por algo pequeno, para compensar. O peor é que os agasallos deixen de ser algo especial para convertirse na norma.

A primeira iniciativa que coñecín de limitación do consumo nos blogues foi a da Kate Davies que se propuxo non mercar roupa nun ano e facer ela mesma o que realmente necesitase. A verdade é que foi xa hai anos atrás e logo deixei de seguirlle a pista, non sei se continuou co proxecto ou non. É unha maneira de limitar o consumo porque facer roupa leva tempo, e temos pouco tempo, así que por moito que puideramos facer sospeito que sempre sería menos do que poderiamos mercar. Logo, deste tipo de proxectos de atacar ó armario, vin outros interesantes como o Proyecto 333 ou o Happy closet. Parte do meu problema con estes proxectos é que o que eu uso básicamente a diario é roupa de andar por casa: pantalóns vellos de chándal (vellos, vellos, algún ten uns quince anos) e camisolas que van desbotando meus irmáns. E para min non merco roupa realmente máis ca cando a necesito por un cambio de talla ou porque se vai desgastando polo uso... pero é porque teño roupa de sobra, claro. Coas Tartarouchas pásame que como moita roupa é reutilizada, ás veces chega cando xa fixen algunha compra, ou non lles gusta aínda que nun principio dixeran que si, e non a poñen nunca, e creo que hai que atopar un oco para iso tamén, para que escollan o que queiran poñer.

Pero este ano descubrín o blogue dunha fotógrafa-nai que me encantou! E Georgia e a súa familia foron máis aló, o seu proxecto para este ano (e agardando un bebé que naceu hai uns poucos días!) foi non mercar NADA agás os básicos (comida, productos de limpeza e material escolar para os nenos). Pareceume imposible, e atraínte, e valente. Un ano sen mercar nada, imaxinades?

Logo doulle voltas: eles mercaron a roupa e zapatos dos nenos antes, así que realmente tamén iso estaba mercado, poderiamos incluílo no proxecto, pero como pasar da contención a mercar só o necesario sen pasarse? Nós acabamos de cambiar a mesa da cociña, que había tempo que nos quedara pequena, e para iso tivemos que quitar uns mobles, así que agora necesitamos facer máis gasto para reformar ese pouco espazo. Cal sería a diferencia de estar cun proxecto semellante? Poderiamos seguir comendo apretados na barra de almorzos da cociña, non pasaría nada, pero había tempo que estabamos incómodos porque ó ser tan estreita apenas collían os servicios de todos. Ou poderiamos comer na mesa do salón, pero o caso é que non nos gusta e dá o dobre de traballo: levar todo para o salón, recoller todo do salón, limpar o salón (e a cociña). Non ía pasar, iamos seguir incómodos na cociña. Era necesario? Non. Poderiamos pasar sen mercala? Si. Pero conseguiriamos deixar de pensar nelo de estar un ano sen poder mercar? Ou pola contra estariamos agardando a que pasara o ano para facer o cambio? Supoño que axudaría coas cousas realmente pouco importantes (como as tazas) e outras (como podería ser a mesa) acabarían caendo igual. Evitariamos o "efecto rebote" que teño eu coa contención? Quen sabe... se cadra despois dun ano seguido se quitan os impulsos de vez, ou aprender a pasalos, algo así coma un programa de desintoxicación, non?

Tartarouchos :: 1/12
mesa cociña

Supoño que a moralexa de todo isto é aprender a vivir consumindo menos ata un límite razoable, que difícil. Sospeito que toda a vida teremos eses tira-e-afrouxa coa urxencia de ter algo novo (independentemente do límite que nos poña o peto, claro).

Atreveriádesvos a levar a cabo un reto semellante? Védeslle sentido ou non? Credes que cambiaría algo? Como o enfocariades? Tedes algún truco para consumir menos?

Ale, déixovos maquinando, boa fin de semana!

12 comentarios:

  1. precisamente te iba a comentar lo de Georgia, pero ya sé que la sigues. Me encantó cuando lo leí el otro día y también me hizo reflexionar mucho!! Yo soy peor que tú con las tazas, tengo COLECCIÖN, allá donde veo una que me gusta, la compro. y Juro que no hay días en el año para usarlas todas... Y claro, luego me quejo de falta de espacio para guardar cosas.... está todo invadido por tazas!!!
    Internet ha empeorado la cosa, comprar online es tan fácil y rápido ... y peligroso!! Cuando te das cuenta ya has hecho click y la compra está hecha. Y si te pararas a pensar un rato, seguro que no lo comprabas. Porque no es necesario.
    De los juguetes ni hablemos, que acabo de tirar 4 bolsas grandes y otras dos para donar. La norma de un solo juguete la intento cumplir todos los años en navidad, y cuesta, pero vamos mejorando, he conseguido que entre mis padres y mis hermanos les regalen algo "grande" (tipo caja grande de Playmobil) para los tres, como el Arca de Noe un año.. y todos felices!! Juguete para compartir, y listo. Si luego hace falta algo de ropa y tal, vale (sobre todo Mateo, que no hereda de nadie). Veremos este año si lo conseguimos repetir. Y tiemblo porque se acercan los cumpleaños... aynssss
    Sí , somos lo peor. Me doy cuenta ahora que estoy dedicando las mañanas a vaciar armarios, estanterías y cajones, reorganizar cosas y "declutter", como dicen por ahí, tirar todo lo innecesario o que llevo años sin usar. Mi síndrome de Diógenes está sufriendo mucho, guardo TODO! pero es necesario. "All you need is LESS".

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A nós tamén se nos xuntas cumpreanos-Nadal e os Tartarouchos son os únicos nenos polas dúas partes da familia, así que é un pouco inevitable, supoño. Un ano fixemos iso nos cumpreanos entre todos e por iso hai unha cama elástica no garaxe. E tan ben investidos os cartos... úsana a diario, todo o ano.
      Eu tamén fixen limpeza do armario no verán. Desfíxenme de roupa que non usaba dende había anos, á que lle tiña cariño (que ese é outro problema meu, o do apego ás cousas), que moita seguía a valerme pero sabía que non a usaría nunca máis. E foi duro, que parvada, non?
      Algún día ha tocar nos xoguetes, pero como temos idades escalonadas volvemos re-usar os que podían desaparecer...

      Oe, e que nos pasará coas tazas, será un tipo de enfermidade ou algo? A min pásame tamén coas caixas, gárdoas todas...

      Eliminar
    2. non me fales de caixas, gardo todo tipo de contenedor plástico que me poda servir para gardar o que sexa, teño máis caixas que cousas para gardar... e ahí andan, ocupando sitio, sin nada dentro... E a roupa, có poco que me gusta ir de tendas, ainda teño roupa de antes de casar (15 anos xa!), coma tí, téñolle cariño... Parvadas que facemos, non si?

      Eliminar
  2. Gostei muito da tua publicaçao de hoje! O paragrafo que diz : Onde está o límite entre o que REALMENTE se necesita e o que cremos necesitar? Onde se empeza a ser "cutre" se non mercas? , penso muitas veces!!! Desde que aprendí a costurar só compro roupa que nao consigo costurar, sapatos e meias. Mas agora entrei nun bucle que para costurar tenho que comprar tecidos ou reciclar roupas. Mas é o que voce diz, dificilmente conseguiria costurar no mesmo ritmo de ir de compras. Acho que o limite é o sentirse bem. Vivimos em uma sociedade consumista onde as pessoas te definen pela roupa/sapato/carro/ casa que voce tem. Te classificam de um nivel ou outro. Muitas vezes vejo amenaçada minha maneira de viver por minha propria familia consumista, e tenho que esforçar me muito para manter minha postura. Já dizia um arquiteto (Mies van der Rohe) que menos es más, nao nos damos conta de valorizar as poucas coisas que podemos ter.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, esa é outra trampa, a de mercar materiais para coser/calcetar e logo non ter tempo/ganas para facelo e necesitar un cuarto enteiro para gardar as cousas,... é difícil. Eu teño clavadas agora mesmo na conciencia todas as teas de punto para camisetas que merquei e a la para unha chaqueta para min que merquei o ano pasado e aínda non comecei. Pero TEÑO que facelo.

      E si, logo está a parte do que manda a sociedade, se xa é difícil encaixalo nós, canto máis facérllelo encaixar ós pequenos, que só pensarán no tolas que están súas nais, agarda uns anos que cheguemos á adolescencia, a ver o que pasa...

      Grazas por pasar!

      Eliminar
  3. Yo tengo más tazas que tú, muchas regaladas, pero muchas compradas "para el blog" (tuve una época muy adicta a los cacharrines de cocina). De todas maneras compenso porque apenas compro ropa o zapatos. En Viena hay un verdadero culto a los mercadillos de cosas usadas y de intercambio, sobre todo de ropa infantil y juguetes, creo que es una manera de consumir sin consumir. También soy muy adicta a los libros, y aunque uso la biblioteca, siempre acabo "picando" y comprándome más de los que "necesito", esto también vale para los cuentos infantiles, aix...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Yo echo mucho de menos eso aquí. No hay prácticamente mercado de segunda mano. NADA de menaje y cosas de casa, y ahora empieza a haber algo de ropa y cosas de niños, pero más bien de bebés, que es lo que queda más nuevo. Tengo la esperanza de que la crisis valga para esto por lo menos...
      Yo hace mucho tiempo que dejé de leer en serio, leo blogs, y dedico el tiempo libre a "hacer cosas". Llevo tiempo intentando digerirlo y aceptarlo, pero aún me sienta mal no tener ganas de atacar un libro como lo hacía antes, tuve un arranque de atracones en el último embarazo, pero como vino se fue, así que de los libros "me libro". Y de los infantiles ya me estoy quitando, justo ahora que a Z. le apetece leer más usamos más la biblioteca para que escoja a su gusto y no tanto al mío, que eso también es difícil...

      Eliminar
  4. Quero comentar con mais calma en canto teña algo de tempo, pero para min unha boa ferramenta foi este libro de un galego: http://www.nodo50.org/consumirmenosvivirmejor/

    Podes descargalo en pdf ou eu podo prestarcho, non o merques ;)

    Gustoume moito esta reflexión túa, es moi didáctica tartaruga!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas María, este si penso atacalo, mira ti. Ten moi boa pinta! E sabes o que me lembrou? Un libro que tiven de pequena, que estaba entre os meus favoritos do mundo mundial, co seu papel de tacto "raro" daquela (era reciclado e bastante basto) e que, por casualidades da vida, trouxo para as Tartarouchas a moza do meu curmán, porque tamén o tivera ela: 50 cosas simples que los niños pueden hacer para salvar la Tierra.

      :)

      Eliminar
  5. En casa hemos tomado una decisión sobre el consumo y la estamos llevando a cabo bastante bien. Desde las pasadas navidades sólo compramos en las tiendas del pueblo o en tiendas pequeñas de la ciudad. No pisamos supermercados, ni grandes superficies, ni chinos ni IKEAS. Y no pasa nada, al revés, conoces más gente, otros productos y sobre todo hacemos una compra con conciencia. Hay veces que el precio no es más barato, pero es el precio real de algo que quizá no podemos comprar. Y no lo compramos. Y si la fruta es un poco más cara, pues compramos menos. Y consumimos productos de la zona, menos variedad pero más calidad porque los podemos encontrar ecológicos. Las mermeladas y las conservas de tomate y de bonito las hacemos en casa al menos de momento. Productos de limpieza hemos reducido utilizando fórmulas antiguas a base de alcohol de quemar, vinagre y limón. Me gusta vivir así, comprando menos y pensando más. Y cuando compramos pienso que es un acto de solidaridad con la gente que está detrás de huertas y de pequeñas tiendas que a duras penas sobreviven en esta crisis.
    Un beso, seguimos pensando...!



    ResponderEliminar
  6. Menudo tema, nos daría para todo un seminario. En mi casa ya no se consume como hace unos años -digamos unos 5 años o así- básicamente por una cuestión económica: somos caprichosas, qué le vamos a hacer! Sobre todo libros, ropa y cosas para la casa.
    Crisis y maternidad llegaron juntas y también nuestro traslado de la gran ciudad a un pequeño pueblo, desde entonces todo ha cambiado muchísimo. Para Martina apenas compramos nada: la ropa de niños circula en el pueblo de familia en familia, igual que los juguetes (sobre todo bicis, patines, etc) Le compramos cuentos... y zapatos, eso sí. Para nosotras hace tiempo que se acabó lo de renovar vestuario. Me hice adicta a Emaús y a comprar de segunda mano cosas para casa. Y como sabes estoy aprendiendo a tejer y coser (ejem, lo intento)
    Pero tengo que decir que mi meta no es dejar de comprar y consumir menos, sino CONSUMIR MEJOR. Prefiero gastar un poco más en un buen par de zapatos que sepa de dónde vienen, o comprarle una pieza a un diseñador local, o si tengo que hacer un regalo busco el trabajo de amigas artesanas o emprendedoras que se dejan los cuernos por sacar adelante sus proyectos.
    Y con la comida aún más! Tenemos nuestra pequeña huerta pero aparte de eso pagamos caros los huevos ecológicos que nos trae Jexux cada semana, el queso de las cabras que cuida otro conocido, etc. Gastamos muy a gusto ese dinero y ojalá pudiéramos hacerlo más, nuestro presupuesto es limitado y tenemos que administrarlo bien.
    He tenido cerca a gente que presume de gastar poco y que resultaban ser unos egoístas cutres, sacando el pan duro para la cena con los amigos mientras se guardaban el fresco para otro día. Eso no es lo mío.
    Seguiría charlando pero me reclaman por aquí. Gracias por este post!

    maría

    ResponderEliminar
  7. Teño o post gardado desde que o publicaches, dándome tempo para pensar sobre a cuestión. Por resumir, na casa estamos pasando por un momento de cambio en canto ao consumo. Estamos cansos de acumular cousas. Cada vez nos satura máis a excesiva cantidade de productos que temos á nosa disposición nas tendas. Alégrome de que cada vez me supoña menos placer o de mercar cousas novas (creo que nalgún momento da miña vida debeu supoñer unha válvula de escape, ou algo así).

    Non son en absoluto un exemplo de frugalidade, porque non vexas a de roupa, zapatos, materiais de arte e costura, libros, menaxe, etc. que teño na casa, pero neste momento intento aproveitar esta "fartura" para reducir as compras todo o que poida. E, de comprar, pensar menos na cantidade e o prezo e máis en si podo axudar a un sistema productivo máis cercano e ecolóxico.

    O que non me costa nada é reaproveitar as cousas que xa teño en múltiples usos. Empezando polas telas de coser... Nese caso creo que utilizar as prendas de roupa vella engádenlle valos ás cousas que coso.

    Moitas grazas por facerme reflexionar! Bicos.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir