lunes, 16 de septiembre de 2013

Tigresa

A Z. leva dende que ten tres anos pedindo un animaliño. Si, temos cadela, gata, tartaruga e pitas, pero ela quería algo de seu que poder achuchar. E nós eramos firmes: Cando teñas dez anos podes ter un animaliño que poidas coidar ti soa. Tés que pensar como vas facer con el nas vacacións ou cando queiras ir a casa de alguén, e serás ti a encargada del todo o tempo, de darlle todos os coidados que necesite.

Pero claro, para unha persoa que quere ser coidadora de animais e ningunha outra cousa, agardar dos sete longos ós dez anos é unha vida, e unha vida inxusta, iso dicía ela: "Non é xusto, mamá, eu vou coidalo, por que non podo telo agora?"
"Seguro que vas coidalo? E como sabes se o coidarás, ti sabes que coidados necesita?"

E entón pasou, foi ó ordenador e puxo en google: "como cuidar un hamster". Colleu un folio e escribiu todas as cousas importantes que había que saber e que facer.



E o Moucho e máis eu deixamos de ser firmes e accedemos. Así que hai unha nova incorporación á familia, presentámosvos a Tigresa.



Logo, esta semana, viñeron Rita e Madro de visita e pola mañá, antes de marchar, ela e a Z. estiveron tratando de aprenderlle a xogar ó baloncesto. Pola tarde a Z. quixo entrenar outro pouco e cando lle fun axudar vin que pasaba algo raro... ou moito lle deramos de comer ou Tigresa estaba sospeitosamente gorda. Ese si que ía ser un agasallo para a Z.! Nós que temos claro que a responsabilidade cos animais pasa por non criar, porque as protectoras están cheas deles, e de súpeto había unha posibilidade de ter bebés na casa.
Así que decidimos que o baloncesto non era a mellor actividade no seu estado, enchemos o bebedeiro e o comedeiro para moitos días e tapamos a gaiola cun pano (por onde guichamos unha vez ó día) agardando que sexa abondo para que a nosa Tigresa non se estrese e ocorra unha desgracia.

Xa temos preparado un dúplex de segunda man que seguro que lle vai encantar cando estea lista para trasladarse.


E aquí estamos, mordendo as uñas na espera...

4 comentarios:

  1. ¡Esta Z. es la monda! Decidida y resuelta, sí señor!

    ResponderEliminar
  2. Se o facedes a propósito, desde logo non o conseguides :)
    Eu sospeito que a Z vai ser unha coidadora moi responsable...

    ResponderEliminar
  3. Qué linda! Tu niña, digo, a mí los hámsters... como que no ; )

    ResponderEliminar
  4. Uaue!!! que emocionante e que sorpresisima para Z. Como sabes na nosa casa pasou o mesmo coas peticións de mascots e terminamos tamén con un hamster. O noso é macho así que non houbo sorpresas pero o da responsabilidade non está a ser doado en ocasións. Alégorme de ver a Z tan implicada. Cando teñades prole queremos vela!!! cando llo conte aos meus van flipar!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir