miércoles, 4 de septiembre de 2013

Setembro

Chegou, xa está aquí, resistinme pero non houbo maneira. Dende xuño tiven o mesmo fondo de escritorio no ordenador, dábame mágoa cambialo porque estaba acompañado do debuxo que me fixo a L. do mesmo paxariño "coa súa comida", pero estes días as Tartarouchas non deixaron de insistir en que tiña que cambialo, tiña que cambialo, tiña que cambialo...

escritorio
paxariño

Na horta (e na cociña) chegou a época das xudías.

xudías

Nunca me encantaron, pero lembro a miña nai comelas con patacas e ovo cocidos, e cunha lata de sardiñas cando eu era pequena (e non tan pequena) e non me gustaban. Agora cómoas, e cómoas con máis gusto ó saber que é o seu momento, cando as hai, aí fora, nas súas plantiñas medrando. Por iso estase a repetir con moito éxito a nosa versión desta ensalada (tomates, leituga e xudías da nosa horta, patacas dos avós Moucho), porque aínda que daquelas non as comía, paréceme que as xudías con sardiñas van ben xuntas, só por velo fáiseme apetecible... curioso, e importante e a ter en conta na crianza dos pequenos, non vos parece?

ensalada de xudías comidista

Os allos que puxo o Moucho este ano xa hai tempo que colgan en ristras no rocho, e agora están a secar as cebolas mentres agardamos que vaian madurando pouquiño a pouco os tomates máis grandes e xa aproveitamos os cabaciños.

cebolas
tomates

A horta dá moitas alegrías nesta época, e mágoa que as nosas froiteiras non teñen froita, que a veciña podou tanto a ameixeira que non haberá marmelada este ano, e temos pendente saír recoller amoras.

Logo vén a outra parte, a que pon nervios no estómago, a preparación para volver á rotina do cole: onte fomos mercar a mochila para a Z., que a do ano pasado rompera; uns lentes novos para a L., que os outros mancábanlle e entre iso e os baños non había maneira de poñelos no verán; recopilar os libros; escoitar á Z. dicir que non quería comezar o cole, que lle gustaba moito estar así (e a min tamén); e a L. preguntar varias veces cada día cantos días faltan para que empece o cole, porque sabe e está concienciada de que este ano tócalle a ela tamén, aínda que se lle preguntar di que non quería... eu non lle digo que penso todos os días en que tal o levará, nas cousas que non me gustan e que se convertirán no día a día, en canto a imos botar de menos seu irmán e máis eu (tanto, tanto, tanto,...). Non lle digo nada máis ca que sei que non teñen ganas, pero que ten que ser, que nos veremos á saída e coma sempre poderemos facer cousas xuntas, estar xuntas. Vexo á L., dende logo, moito máis preparada ca nunca ata agora, sei que vai ser quen, así que se ela está lista terei que estalo eu tamén, aínda que a vaia botar de menos.

lentes

Para irnos preparando e animando desta vez fixen eu o mandilón que terá que levar, verde, como non atopei unha tea chula nesa cor, pois usei dúas e foi ela a que escolleu a do seu peto e máis os botóns. E gústalle. Fíxeno grazas ó cose comigo que organizou naii (primeira vez que me apunto a tal cousa e teño que dar as grazas polo traballo que supón).

mandilónmandilón

Mentres, imos apurar o pouco tempo de verán que nos queda, a luz estános a avisar: o sol polas mañás só entra cunha raiola polas fiestras de atrás, como dando o último aviso de que isto estáse rematando, e cando polas tardes saímos fora o sol xa vai tan baixo que nos fai sombra abondo para deitarnos todos na herba,... ímolo aproveitar, a gardar historias e calor coma o ratiño Fréderick, para cando chegue o longo inverno.

piscina
fora

10 comentarios:

  1. ENVIDIA, ENVIDIA ENVIDIA!
    Esas judías, ese campito... ese pajarito lindo (por un momento pensé que el dibujo del fondo de escritorio era el que había hecho tu hija!) jajaja
    Tu huerta, saber coser un mandilón para tus niñas.
    Tenemos que hablar del cole Raqueliña... ay!
    Un beso enorme, y a guardar rayitos de sol poeta! :-)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. jijiji, estaría ben que a L debuxase coma Gennine, si :D
      Así escrito parece moito, do horto encárgase o Moucho ;)
      Hoxe vimos a profe da L. e veño esperanzada, a ver que pasa...

      Un bico, Eva!

      Eliminar
  2. ohh que triste que se eso todo va terminando pero quedan estas fotos tan bonitas para recordar!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ♥♥♥ oops hasta me olvidé de la bata ♥♥♥ me encanta este bolsillo de panda, que mona tu peke!

      Eliminar
    2. A miña memoria depende directamente das fotos, se non as fago esquezo :)

      Eliminar
  3. A min tampouco me chistan moito as xudías, porque na miña casa facíanas cocidas con patacas e ovos sempre e acabei por aburrilas. Agora que cociño eu intento comelas de formas diferentes e de momento teño dos receitas aceptables:
    - Ensalada de xudías con atún á prancha: http://ondakin.com/2009/10/01/ensalada-de-judias-verdes-patata-y-atun-a-la-plancha/
    - Verduras á prancha (usando cabaciño, berenxena, cenoira... e as xudías claro).
    Sei que pode ser un comentario moi raro entrar a falar só de xudías pero sentinme identificada xD

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. :DD
      Moitas grazas polas recomendacións, que aínda nos quedan moitas xudías por comer. A min a ensalada esta gustoume especialmente porque é básicamente o mesmiño, pero en rico (o aliño con mostaza e cebola está mmmmmmm!.

      Eliminar
  4. Nós tamén nos xuntamos con moitas xudías nesta época, vounas facer seguindo a túa receita porque cocidas con ovos e patacas como as comemos sempre xa cansan un poco.

    De outra banda, a volta ao cole tenme atormentada...e illada.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por aquí tamén vai ser dura a volta, pero temos que confiar nas súas ferramentas e se non hai outra opción pensar que son fillos do mundo e non nosos, así que nós influiremos no seu pensar pero o mundo tamén. É o que hai.

      Un biquiño forte, se queres desafogar xa sabes.

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir