miércoles, 18 de septiembre de 2013

Camisolas

Nas últimas vacacións asaltei a tenda de teas que hai preto da casa da avoa Olga, o malo foi que a asaltei pero non a atraquei, así que ó pouco xa me estaba arrepentindo de gastar tantos cartos en teas de punto (que non atopo nunca) para camisolas. Logo díxenme a min mesma, e repetinllo ós do redor, que en dous anos non podía mercar unha camisola para as nenas. Tiña que usar todas esas teas.

(aquí iría unha foto de todas as teas, pero mellor non a poño, que aínda non o superei, teño que ver que son quen de usalas antes)

Esta fin de semana pensaba coser moitas para estar preparadas para cando veña o frío, pero non fun quen nin de rematar a primeira, quedoume por coser o dobladillo do baixo. Non sei se a vós vos pasa igual, pero eu paso a semana facendo plans de todas as cousas que vou facer cando chegue a fin de semana e cando chega pasa tan rápido que aínda non tiven tempo a nada e xa volve ser luns.

O malo que ten o de facer roupa é que hai que sacar tempo para facela, pero hai unha parte que me gusta moito que é a de prepararse, porque non vale que mañá faga frío e ir correndo á tenda mercar algo que nos tape, hai que previr, irse preparando para a estación seguinte,... é como cambiar de estación pouco a pouco. Supoño que se nos fai falla roupa longa tiraremos da do ano pasado (que aínda está sen revisar se nos vale ou non) mentres imos facendo a nova.

Desa que case fago a fin de semana aínda non hai foto, pero das dúas primeiras si. As camisolas de dálmata, diferentes pero semellantes, que é a única solución que se me ocorre cando a L. quere unha cousa igual que a da Z. e a Z. non quere que lle copie.

camisola dálmata Lcamisola dálmata Z

E eu que sempre facía as cousas a ollo, ou copiando por outra, teño que recoñecer que ter un patrón axuda moito cando tés que facer prendas en cantidade, só hai que cambiar as teas ou algún detalle, pero o resto non hai que pensar se será ancha, ou longa, ou estreita, ou... Estas estounas a facer co patrón Raglan de Naii, que me gusta moito para combinar teas de camisola sen que parezan moi pixama, que é a sensación que me dan ás veces as teas que hai de punto con debuxiños.
camisolas dálmata



Ale, déixovos, vou aproveitar o tempo e facer algo.

12 comentarios:

  1. "O malo que ten o de facer roupa é que hai que sacar tempo para facela" jajaja!! Sí, así es. A mí el fin de semana no me cunde nada, mucho más cuando Martina está en la ikastola. Y luego están las noches, claro. Pero hay que tener cuidado con eso porque pasan las horas, el trabajo avanza... pero quitas horas de sueño. En fin, ya sabemos cómo va la cosa.
    Lo importante en este comentario es: que me gustan las camisetas y que creo que has resuelto muy bien la cuestión, diferentes pero semejantes ; )

    un beso

    maría

    maría

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Uf, las noches, ese es el "otro" momento que siempre pienso que voy a aprovechar, pero por las noches estoy tan cansada y tengo tan poca luz en la habitación de la máquina que para coser no puedo aprovecharlas, así que si consigo hacer algo productivo suele ser en el ordenador (y con un bebé dormido en el "colo" ;)

      Eliminar
  2. Están genial, que arte te das con la máquina :p

    ResponderEliminar
  3. Pois sí que se che da ben coser, sí, co complicado que resulta ás veces o punto.
    Eu ando a probar a organizar as tarefas de xeito sistemático e o que máis difícil me resulta é o de saber cantas cousas podo asignar a cada día. Sempre se me quedan curtos e acabo movéndoas para o día seguinte...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non son perfetas, Montse, na unión do corpo coas mangas saíronme ondas, pero penso que é unha combinación de teas de punto con diferente grosor e caída, e a patiña de dobre arrastre da miña máquina que estira o punto :-/
      A min non me funciona nada que sexa sistemático, son un caos andante

      Eliminar
  4. Son preciosas (y las camisolas tambiên!). Muchos besos.

    ResponderEliminar
  5. Son preciosas (y las camisolas tambiên!). Muchos besos.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir