martes, 17 de septiembre de 2013

37/52

Z :: 37/52

L :: 37/52

B :: 37/52

Z: Non querías volver ó cole. Cada día o primeiro que dis en canto pisas a casa é : "Podo ir a casa de... ?"
Cara b: Xogando con Tigresa.

L: Comezaches o cole e estás a ser moi valente, cada día. A frase desta semana foi "Eu quería estar contigo"

B: Esta semana as túas irmás e máis eu, por separado, vímoste quedar de pé sen apoiarte en ningures. As túas actividades preferidas son baleirar caixóns ou tinas cheas de roupa dobrada, intentar chegar ó penso de Galla ou de Olivia e darte a volta en canto te desabrocho o cueiro.
Cara b: segues tendo esa seña de identidade facendo desaparecer o beizo de abaixo.
Cara c: gústache moito o churrasco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir