martes, 3 de septiembre de 2013

35/52

Esta semana tiven o primeiro fallo no proxecto de retratos dos Tartarouchos, adiqueime a facer fotos, sen máis, non o fixen con intención, e non hai nin unha soa foto da Z. (bueno, hai un par delas coa L. para localizar os grans dalgún inquilino-bicho que as acribillou polas noites na cama durante toda a semana), pensei que podía meter a foto doutra semana na que houbera moitas, pero non quedo conforme, iría fora de lugar, e non me gustan as anacronías no cine, moito menos no meu proxecto. Non hai moita excusa porque obviamente houbo moitos momentos cotiáns que fotografar, pero non prestei atención. O que si encaixa con esta semana é unha descrición.

L :: 35/52

B :: 35/52

Z: Sen dúbida a semana en que menos te vimos o pelo pola casa, o veciño non quería vir pero queriades estar xuntos, así que dende a mañá á noite, quitando a hora do xantar, pasáchelos a cotío na súa casa.

L: Comendo millo fixeches isto, fúcheste mirar no cristal do forno e cantaches: "Somos piratas, non queremos tesouros, queremos dentes de ouro".
Cara b: tiña que poñer esta foto para que a vexas cando sexas grande: "eu quería limpar a cociñaaaaa"

B: Non paras, aquí intentando facerche as fotos do cumplemes deitado.
Cara b: "xa coloquei o estante de abaixo, imos a polo seguinte.
Cara c: espertando a papá da sesta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir