martes, 27 de agosto de 2013

Un par de axudas para coser

Levo moito tempo sen amosarvos apenas nada do que fago, pero fago cousas. No verán volvo ter ese parón de tecer de sempre, pero doulle ás outras agullas, ás de coser. Hoxe estaba preparando o material para coser o mandilón do cole da L. (aiiiii, non quero pensalo moito, pero xa a estou botando de menos) e pasoume o que me pasa sempre cando vou cortar tea cun patrón en papel. Para calcar os patróns uso dese rollo de papel de ikea para os nenos (o avó Tito surtíranos hai tempo e un día facíame falla papel e tiña ese preto e resultou moi ben: é bastante ancho, longo o que queiras e aínda que é gordo o papel non ten moi boa trama, así que deixa ver as raias incluso sen apoiar os papeis na fiestra. Pero ten un fallo, claro, envólvese seguido! Sempre me pasa iso e pillo o primeiro que teño á man: os conos de fío, que saen rodando cada pouco; as zapatillas que teño postas, que deixan o papel cheo de porcallada; as tesoiras, que necesito para cortar,...

Entón lembrei que o ano pasado vira nun deses blogs estranxeiros que leo ás veces un patrón para pesiños en forma de pirámide, moi monos eles, e que non gardei porque non ía perder o tempo en facer iso podendo usar calquera outra cousa, e de todas maneiras íame lembrar do blogue e podía volver a el se o necesitaba algún día... pois o día chegou, como imaxinades, e non fun quen de atopar o patronciño aquel) que lembro que era un patrón dunha pirámide para recortar. Pero entón non sei como se me ocorreu que podía facelas ó meu xeito, así que vouvos amosar o que fixen (e para unha vez que fago unha especie de tutorial fago esta caca de fotos, en fin, había presa, e seguro que vos aclarades).

Especie de tutorial para mini-pesos-pirámide pola técnica da trapallada

1. Coller un retallo e cortar unha tira duns 11-12 cm de ancho (os meus van ser de 5cm, así que o cm ou dous eses son para as marxes de costura)

tuto pesas

2. Dobralo á metade e coser os tres lados libres (puiden facelo con fío dunha cor que resaltase, pero a cousa foi sobre a marcha). Quedaranos unha tira que imos cortar en trozos duns 6,5-7cm (de novo as marxes de costura, así a ollo todo).

tuto pesas2

3. Os anacos dos extremos quédannos pechados xa por tres lados, os do medio (no meu caso é só un) darémoslle unha cosida nun dos extremos que ten abertos.

tuto pesas 3

4. Dámoslles a volta. Se es curiosiña (ou curiosiño) cortarás as esquinas inferiores para que a tea non avulte ó dar a volta e podes empuxar as esquiniñas cun pauiño, se es coma min, e tés un bebé durmindo unha microsesta que non sabes cantos milisegundos pode durar, entón pasas de todo e dáslle a volta a pelo, só tendo coidado de agarrar no borde aberto pola costura para que non se desfaga moito ó dar a volta á tea.

5. Enchemos do que teñamos pola casa, léase sal, lentellas, sopa de estreliñas, cus-cús ou no noso caso arroz, máis ou menos ata un cm ou centímetro e medio do borde. Se temos unha axudanta colaboradora moi disposta deixamos amablemente que faga ela todo o traballo (ou ata que se canse).

tuto pesas 4

tuto pesas 5

6. Cosemos a abertura de maneira perpendicular á costura do fondo (ver foto) metendo os bordes cara dentro.
tuto pesas 6
Primeiro intentarémolo coa máquina para ir máis rápido, pero vendo que non é viable, e dado que o bebé xa está esperto dende o milisegundo dous, poñemos alfinetes para que non nos caia o arroz todo e se forme un desastre (peor aínda do que hai) na mesa, e poder coser as piramidiñas á man cando vaia habendo oquiños.

tuto pesas 7

tuto pesas 8

7. Logo colledes unha das piramidiñas (jijiji, non podo evitalo) e intentades facerlle unha foto na vosa man para que se vexa o curriñas que son, rápidamente e alonxándovos o máis posible do bebé perseguidor.

tuto pesas 9

A foto non sairá como queredes e intentaredes facer outra, pero ohhhhhhh, sentímolo moito, o bebé perseguidor foi máis rápido que vostede! Terá que quedar así logo.

tuto pesas 10

Por suposto non podedes sacar unha foto facendo uso deles se utilizades o chan como zona de traballo para marcar os patróns e tendes un bebé perseguidor, pero podedes facer unha foto dos que fixestes antes todos xuntiños na man mentres o bebé perseguidor está de pé enganchado á vosa perna tirándovos dos pantalóns. A que quedan moi monos?
Especie de tutorial para mini-pesos-pirámide pola técnica da trapallada

FIN

O outro ó mellor é algo universalmente coñecido, pero a min iluminóuseme a bombilla un día vendo un deses trucos que rulan pola rede.

Antes tiña as agullas da máquina para teas de punto e as normais de diferente marca para distinguilas, merquei unha caixiña de cada, que son as que conservo, pero logo funas esnaquizando e merquei nunha mercería, déronmas da marca que tiñan e acabouse a distinción.

Entón un día vin un truco para diferenciar chaves iguais que consistía en pintarlles a cabeza con pintauñas. Eu non é que use diso, pero conservo algún de hai máis de 15 anos (si, de cando facía bacharelato) que están en perfecto estado (xa, eu tampouco o entendo).

Chachán!

idea agullas

Con ese puntiño rosa as agullas son perfetamente diferenciables a simple vista e incluso postas na máquina sen ter que sacalas nin nada de nada. Xa pensei idear un código de cores para o grosos e poñer dous puntiños en cada agulla, pero de momento ímolas deixar así.

Igual había unha maneira de diferencialas que eu non sei e ninguén me dixo, pero eu estou toda chea co descubrimento este do pintauñas. Se o sabedes dicídemo, eh?

E agora vouvos amosar por que corto todo no chan... porque o espacio que teño na mesa agora mesmo (e case sempre que ando a facer algo) vese así

caos

Bueno, o arroz e a taza xa os levei para a cociña, pero o resto segue igual. Cando estou a facer algo teño todo estrado porque se non os cinco minutos, ou a media hora, que teño para coser pásoos collendo as cousas e recolocando. Os montonciños de teas (hai máis atrás da máquina que non se ven) son para outra colcha que estou a facer e están separados por intensidade, o resto non sei se ten explicación. A vós tamén vos pasa? Veña, facede unha foto do voso caos para que eu me sinta ben, ou contádeme o segredo.


NOTA: Puxen algunha foto pinneable, por se queredes facer pin.
NOTA 2: A do caos na mesa non, síntoo :P


7 comentarios:

  1. Genial las piramidiñas, ya me haré unas cuantas. Si son de arroz y les metes un poco de lavanda, las puedes usar como mini bolsas de calor (calentándolas en el microondas), en vez de acupuntura, un montón de piramidiñas en la espalda jisjisjis.

    Me consuela ver que no soy la única que se ahoga en un caos de telas y caralladas varias, a veces hay que desenterrar casi la máquina de coser para llegar a ella.

    ¡Biquiños!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ou facelas máis grandes entón.

      A que atopa consolo son eu, que vexo as fotos por aí das salas de costura e nunca se parecen ó cristo que teño eu aquí montado

      Eliminar
    2. ¿A que sí? Parecen sacadas de revistas de decoración de mírame y no me toques, me dan una envidia cochinísima.
      Tengo más de tres metros de mesa, y te digo que no se ve la madera. Mi maromen también ayuda, hay varias cajas llenas de cables, soldadores y demás. Y ESTÁN TODAS EN MI LADO ¬¬ su sitio está despejado el muy $·"$"%"$%·%

      Eliminar
  2. Sí que mola, entráronme ganas de facelas, non sei para qué, pero farei alguna :-P

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois mira, se queres ideas válenche como mini bolsiñas de calor, para facer malabares, a L. leva dende que as fixen xogando con elas a lanzalas e achegalas a sitios (estilo petanca),... e ti non tiñas que pasar por aquí buscar un libro ou algo? :P

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir