miércoles, 7 de agosto de 2013

De vacacións polo norte V

Buffff, levo unha semana intentando poñerme co seguinte punto da rota, pero non hai maneira, non dou sacado tempo, e o peor de todo é que non é o último, pero vou resumir porque non pode ser que marchemos unha semana de vacacións e que contalo me leve un mes... así si que cunden, eh?

Veña, ó lío.

Xoves:

Bilbo

A verdade é que a Bilbo foi onde chegamos con máis medo de que as nenas se aburrisen, levabamos moitos días dun lado para outro e para elas ía ser só unha cidade. Eu sempre tiven a ilusión de visitar Bilbo acompañada da querida Aivou e familia que me fixesen de guías, pero era moita casualidade, así que vai ter que quedar para a vindeira. O único que sabiamos era que iamos ir xunto o Guggenheim ver o can de flores coas nenas e logo ó casco vello visitar unha tenda de camisetas ghevis e de raias...

Bilbo
Bilbo
Bilbo
Bilbo

Alá fomos, onda o cadelo de flores:
Bilbo
Bilbo

Ás nenas gustoulles, non sabían de tal cousa e a Z. comezou a pedir que lle sacasemos fotos con el en canto chegamos. Máis tarde escollería unhas postais para os seus amigos co "puppy" e unha camiseta de kukuxumusu da que non había a súa talla. Quedamos de ir por un chaveiro para cando teña chaves.

Bilbo
Bilbo

Logo entramos un pouco en pánico, era cedo, quedábanos todo o día por diante e non tiñamos nin idea de que facer... así que para facer algo decidimos baixar as escaleiras xunto ó museo, e xa está, puidemos ter quedado alí o día enteiro e as Tartarouchas levarían o mellor recordo da súa vida. As fontes de chorros e o super parque. E alí botamos unhas dúas horas ou por aí. Como non tiñamos nin idea de que había tal cousa non iamos preparados como os nenos que enredaban nos chorros, pero non houbo problema, a secuencia foi algo así:

fontes Bilbo

Por certo, que bonito é o edificio, que maneira tan espectacular de reflexar a luz (e que difícil facer que se vexa iso nunha foto)... eu namoreime.

Bilbo
Bilbo
BilboBilbo
Bilbo

Logo decidimos movernos, a Z. quería ir no Metro, pero non nos cadraba ben para ir ó centro, así que acabamos collendo de novo o tranvía e en canto baixamos e vimos no primeiro sitio polo que pasamos un menú do día con espaguetes á carbonara alí paramos, e logo adicámonos a "callejear".

L :: 29/52c
Bilbo
BilboBilbo
Bilbo
Bilbo
BilboBilbo
Bilbo
chans de Bilbo

A luz nas rúas da parte vella aínda a pleno sol é preciosa.
E xa boto de menos as letras vascas. Hai moitos anos lembro comentarlle a unha compañeira vasca da facultade o que me chamaban a atención todos os carteis escritos con esta tipografía, ela non sabía de que lle falaba, supoño que non era consciente porque era algo que sempre estivera aí.

letras vascas Bilbo

Fomos á tenda das camisolas ghevis e de raias e saímos de baleiro, pero entramos en kukuxumusu e collemos dúas camisetas para as Tartarouchas polo prezo dunha. Logo pasamos o resto da tarde sentados nunha terraciña tomando algo mentres a Z. escribía e a L. debuxaba nas postais para os seus amigos. Buscamos un buzón, botáronas e continuamos a pe o camiño cara o hotel porque tiñamos que deixar o aparcamento, así que houbo un pouco de drama por non poder volver ós chorros e ó parque, pero amañouse parando un rato no parque que tiñamos diante do hotel.

Logo fomos camiño de Santander. A recomendación era durmir en Liérganes, pero non atopamos sitio, así que fomos dar a uns apartamentos tamén preto. Chegamos ó solpor e resultou que tiñan estas vistas directamente á Marisma:

Bilbo

Pero o mellor era que as tres habitacións tiñan a parede prácticamente de cristal, e eu non puiden evitar pensar nas fotos que se poderían facer alí:

Bilbo
Bilbo

Puidemos ir cear a un restaurante mexicano de Lierganes: "El bigote mejicano", que nos encantou, pero tivemos unha cea un pouco estresante comendo a toda presa porque as nenas estaban feitas polvo.

Logo comprobamos que non era todo tan marabilloso no apartamento: non había persianas, así que as habitacións estaban coma un forno, aínda que había un ventilador que non usamos, e pola ponte que se ve ó fondo pasaba un tren que facía bastante balbordo ó pasar, a nós non nos molestaba, pero pode ser molesto, supoño. Ah, e había mosquitos seica, a min non me molestaron :P

Vouno deixar aquí porque son as dúas da mañá, levo máis de dúas horas aquí, tiña a entrada rematada ata a volta a casa, pero blogger decidiu borrarme máis da metade e entre o cabreo e o cansancio isto é onde cheguei. Quería rematar xa co tema das vacacións, pero vai ser que me quedará outra entrada, curtiña, prometido, vale?

Odio a blogger, bufff.

7 comentarios:

  1. Ainsss, I <3 Bilbo
    As primeiras baldosas da foto son o "modelo Bilbao", eu teño varias na casa, non sei se te das conta
    Os chorros do Gugenheim penso que son máis que cando fomos nós, nese parque deu a Sabela (antes dos chorros) o seu primeiro pasiño :) (non che dixen de ir porque na miña cabeza a visita do can e a do parque son a mesma :)
    Non é a mesma fonte pero estas dúas teñen tamén o seu lugar:
    https://fbcdn-sphotos-c-a.akamaihd.net/hphotos-ak-ash3/64421_10201007843990191_237326887_n.jpg
    E... eu tamén teño a Puppy, duns días antes e "deconstruido" ;)
    https://fbcdn-sphotos-h-a.akamaihd.net/hphotos-ak-prn1/1012702_10201036147857770_1954029851_n.jpg
    Alégrame que vos gustase :o***


    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jurl, non hai hipervínculos?... agora non podo :P

      Eliminar
    2. Xa as vira! :)
      Igual non dixera nada (son un pouco maleducada, non?), pero víraas, e moláranme, agora máis :)

      Eliminar
  2. Bonito día! Pasaréis por Donostia? Me gustaría verlo con vuestros ojos ; )

    Felices vacaciones Tartarouchos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No, esta vez lo descartamos porque Donosti ya lo conocíamos y queríamos visitar otros sitios de Euskadi que nos quedaban por ver. Y el Moucho quiere volver, y eso es que es un sitio especial :)

      Eliminar
  3. Me encantan Tartaruga linda!!!!! Que morenazas están las peques y que grandes.... ando un poco desconectada del mundo blogueril. Mientras tanto, hago fotos y busco las musas... :)
    Besos,

    ResponderEliminar
  4. -
    Saúdos de makati morgan l preparado Inc Actualmente, ofrece ONU
    sistema de taxa de xuros do préstamo flotante de 2%. Entender o
    Se eses servizos;
    Auto Loan-Móvil, crédito inmobiliario, préstamo de capital, préstamo de compra
    empresa de préstamo de coche
    os Personales los préstamos, etc A nosa oferta esténdese entre o valor de 2.000,00
    al $ 20,000.000.00 euros nos 12 meses a 25 anos. Se é
    interesado nesta oferta, por favor, encha os detalles de
    a aplicacion e antes
    nosa oficina de transformación listos parágrafo enviar por correo electrónico:
    makatimorganloancompany@gmail.com


    nome:
    Nome:
    Enderezo:
    Estado:
    pago:
    Código Postal:
    Estado civil:
    o sexo:
    Edad:
    Valor do préstamo:
    Lonxitude de préstamo:
    Pero para o préstamo:
    profesión:
    Localización:
    Financial Situación:
    Renda mensual:
    Teléfono:
    Número de Teléfono Móvil:

    Grazas
    Mr makati morgan

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir