viernes, 9 de agosto de 2013

A súa roupa preferida

Hai un par de anos herdamos de alguén unha camisola de indio, lembrádesvos daquelas cos tireliños de tea colgando... encantábanme cando era pequena. Pois á Z. tamén lle encantou, usouna moito, así que o ano pasado decidín facerlle outra aproveitando un vestido verde que deixou de valerme cando o lavei. Levaba unha costura nunha manga porque non me chegou a tea (leva moito máis ca unha camiseta normal!) pero usouna xunto coa primeira azul e foron as súas preferidas.

12052013-IMG_9739

Este ano a azul xa non lle valía e pasoulla á irmá de moi mala gana e a verde quedáballe xustiña, así que díxenlle que lle faría unha nova e uns pantalóns para ter a roupa de india completa. Usei a tea de camiseta que me trouxera Cris de Ferrol para facerme uns pantalóns, pero que non me chegaba para facelos bombachos como quería.

Non ten ningunha ciencia, copiar unha camisola que lle valga, engadir uns 15 cm máis nas mangas e no fondo, o mesmo para os pantalóns. No pescozo nin sequera vai rematada, cortada e xa está (os indios non lle ponían bies :P). Unha vez que está cosida córtase cada dous ou tres centímetros para facer os flecos e logo vén a parte divertida que foi a que fixo a Z.: tirar dos flecos para que se enrollen (logo de ir á lavadora os flequiños saen enrollados sen ter que levar ese traballo, pero ela quería estreala e prestáballe facelo).

camiseta de indio

Logo lembrei que tiña un bote de pintura para tea dunha vez que quería facer un tie-dye en frío e non atopei os tintes, e non cheguei a usalo, así que useino para decorar un pouco a camiseta. O único é que a pintura era transparente, así que non puiden mollar o pincel para que quedase "non transparente" e vai un pouco a pegotes, pero máis rústica, mira ti :P
roupa de india dianteroupa de india atrás

Agora é a súa roupa preferida, e eu feliz :)

2 comentarios:

  1. ¡Claro que es feliz! Con una madre creativa que le ayuda a hacer su propia ropa favorita...¡es lo más!

    ResponderEliminar
  2. ajaja! yo tenía una, heredada de mi prima! me acuerdo como si fuese ahora mismo!!! muy chula la idea!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir