miércoles, 28 de agosto de 2013

34/52

Esta semana estivemos de relax, tan de relax que non pensei no proxecto semanal, hai poucas fotos e a maioría coa compacta, que foi a que me salvou a semana.

Z :: 34/52

L :: 34/52

B :: 34/52

Z: O estado natural durante esta semana: pelo atado (!!!) e areas.

L: Viches a Sabela co seu peiteado de festa e non paraches ata conseguir algo semellante, logo botaches unha semana enteira sen desfacer esas trenzas e case o mesmo sen quitar esa roupa nova do mercadillo.

B: Xa lle perdiches o medo ás areas, pero non as comes, preferiches engancharte á teta na sombrilla e enzoufarnos xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir