lunes, 5 de agosto de 2013

31/52

Z :: 31/52
 
L :: 31/52

B :: 31/52

Z: Un momento de descanso.

L: Un paseíño ó sol.
 
B: Moitas veces cando tomas teta agárrala forte e tríllala entre os teus dedos... e debe ser a única parte do corpo que está preparada para que algo así non cause dor. Case sempre colles so un pelisquiño entre o teu índice e o polgar xusto pegado ós teus beizos... e cando te soltas intentas coller o bico entre os teus dedos antes de volver chuchar outra vez.

O día 1 de Agosto é o Día Internacional da Lactancia Materna e esta primeira semana de agosto é a Semana Mundial da Lactancia Materna en todo o mundo (agás en España, que como en agosto pechamos por vacacións celebrámolo na primeira semana de outubro).

NOTA: Esta semana tamén hai caras b ;)

3 comentarios:

  1. These photo's are gorgours, such a beautiful family you have! Adore the last one of your little one nursing, such a sweet moment captured!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir