miércoles, 31 de julio de 2013

De vacacións polo norte IV

Mércores: día de relax

E así comezamos o día, de relax, con estas vistas e un almorzo pausado.

vistas

vistas

Así o viu a L. :
da l

Logo collemos a estrada e decidimos ir con calma.
no camiño

no camiño

Todos eses ciclistas eran rapaces duns doce anos ou por aí, pola estrada sombría e bastante transitada, todos xuntos de roteiro... o Moucho di que el tamén ía pola estrada coa bici, eu tremo só de pensalo.

O plan anterior era ir pola mañá a San Juan de Gaztelugatxe e pola tarde á praia, e como o cambiamos por relax iriamos só á praia,... pero quedábanos igualmente de camiño, así que paramos nun mirador
gaztelugatxe
(perdón pola cutrada, xa non teño ps, así que autopano tampouco e non sei con que facer as panorámicas, así que pillei o calico de proba, e isto foi o que saiu así rápido)

"Ohhhh! Pois si que é bonito. Xa que estamos aquí imos ata aí diante mirar."- dixo o Moucho
E fomos, claro.

"Imos deixar aquí o coche e imos botar un vistazo". - dixo cando chegamos onda o aparcamento xunto ó Eneperi.

Vimos un carteliño que puña: dez minutos andando ó mirador, vintecinco á ermita.

"Home, polo menos ata o mirador, xa que estamos aquí..."

gaztelugatxe6
gaztelugatxe5

"Moi ben, xa está, xa o vimos, a min xa me vale, damos a volta, non?" - dixen eu vendo que cada vez baixabamos máis e máis e que eran as 12 do mediodía... o que significaba que estariamos subindo por ese camiño empinadísimo xusto cando máis calor facía e aínda que o día estaba brumosoe non daba o sol pasabamos por moito os 30 graos.

"Home, agora podiamos ir ata alí, se logo vemos que é moito damos volta"

Eu o peor non o vía nas escaleiras, o peor víao naquela subida sen fin, pero era a única que tiña dúbidas, o resto da familia ía embalada (e o B. durmido e ben protexido do sol).

gaztelugatxe4

E nada, de perdidos ó río, non era?

gaztelugatxe3
gaztelugatxe2
gaztelugatxe1

E subín os 237 chanzos! 
200

Tocamos a campá tres veces (porque viamos que o facía toda a excursión de adolescentes alemáns que foron correndo dende o autocar ata a ermita e pouco menos á volta...) máis os galegos que levabamos diante, os velliños, os nenos, e TODOS

tolón

E comezamos a baixar as escaleiras, e saíu o sol, e a miña familia ía toda lixeira subindo a costa (eu non), a L. de primeira, sen resoplar unha soa vez e coma se acabase de erguerse da cama de fresca, e debía facer uns cen graos, e fun coller os gorros das nenas na mochila e os gorros non estaban (despois vimos que por un erro quedárannos no asento do coche cando foramos coller outra cousa á mochila)...

subida1

Pero se as nenas levan gorro nas fotos, diredes vós... gorro gorro, pois non, pero na mochila había outra cousa...

subida2

Efectivamente: cueiros :)
O Moucho fai sempre o chiste de poñer crista cando vai cambiar o cueiro cun destes, e mira ti por onde os fomos usar :D

Xa está, non hai máis fotos da miña (penosa) subida, pero non houbo que chamar a helicóptero ningún, cheguei polos meus propios medios, e grazas a un cachiño que a Z. e a L. foron tirando por min.

Aquí di que hai 170 m de desnivel nun km, que eu non me fago á idea de se é moito ou pouco así por números, e pódovos dicir que vin todo tipo de xente na ermita e que non se podía baixar en coche, así que é factible (e doado pon no wikiloc), pero a costa de volta tira (polo menos ás nais en baixa forma), a que avisa non é traidora.

O B. espertou ó chegar ó coche, bebimos dous litros máis de auga cda un, quitamos os zapatos e iamos marchar xantar a algures porque o Eneperi parecía un sitio fino (e caro), pero o Moucho viu moito movemento de xente con bandexas e foi mirar e resultou que tiñan un menú de autoservicio barato e con comida máis ca abundante. O arroz con leite que tomamos de postre estaba boisísimo (eu aínda soño con el), as vistas espectaculares, con moito sitio fora para correr os pequenos e uns columpios. O paraíso.

eneperi
eneperi2
eneperi3
eneperi5
vaca eneperi

A Z. ata fixo un amigo (pódese ir con cans).

eneperi4

Pola tarde por fin tocou praia en Bakio e o relax que ó Moucho lle esquecera pola mañá, onde un neno lle dixo á Z. no restaurante que se podía camiñar ata cenmil e non cubría, aínda que non puideron comprobalo porque había bastante oleaxe.

bakio

O B. tocou a area por primeira vez e non lle gustou nada.

bakio

E a L viuno así:

bakio por L
bakio
bakio
bakio por L
bakio por L

Cousas que aprendimos:
- que se pode ir sen gorros de camiñata, pero nunca sen cueiros :P
- que os carteis só marcan os minutos que se tarda en ir, pero non en voltar
- que as aparencias dos restaurantes engañan
- que podemos (uns máis ca outra :P)


6 comentarios:

  1. Qué lindas fotos, qué lindo viaje, qué lindo todo!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Jeje, nós quedamos no mirador (só uns días de diferencia, shit!) para cando volvamos sen nenos (dixemos), definitivamente sodes ben máis valentes ca nós (e os vosos fillos protestan ben menos que os nosos ;) )

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pode ser que protesten menos, tamén que os pillamos cando aínda non teñen máis remedio que ir onde vaiamos nós. E non somos máis valentes... é que temos menos claro que vaiamos volver...

      Eliminar
  3. Raquel.
    ME ALUCINA LA VISIÓN DEL VIAJE DE LA L.!!!
    En serio, estoy deseando que V tenga un poquito más de edad para ver cómo ve ella nuestra vida. Me chifla!!

    El día de hoy... me parece uno de esos que salen redondos porque tienen que salir. Nos pasó lo mismito con el Eneperi, pero sin un final tan feliz. Habíamos ido el día anterior, cuando llovía en horizontal, y solo entramos a husmear. No vimos el menú "pollería" que tanto se lleva allí, así que cuando al día siguiente decidimos ir a la ermita, ya fuimos comidos. No nos importó mucho porque comimos en otra pollería y todo estaba delicioso. Pero esas vistas... ay esas vistas!!!
    A cambio nos quedamos un buen rato haciendo la croqueta en la hierba, subiendo a la vaca para gritar "atleti" y mirando al mar infinito mientras las niñas jugaban en el parque infantil.

    Los pucho-cueiros son lo mejor. ;-)
    Me perdí la parte III!! Allá voy.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A Z. non lle chista nada de momento o das fotos, e o da L. supoño que será tamén temporal... xa veremos, de momento aproveitamos :)

      En realidade é que todas as vacacións nos sairon redondas, por iso ademáis foron tan especiais, redondas de principio a fin. :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir