martes, 30 de julio de 2013

De vacacións polo norte III

Finde: Hoz.
Luns: Vitoria.
Martes: Covas de Oñati e Bosque pintado de Oma.

Alá fomos, despois das Covas, outro chisco máis de coche ata o seguinte destino.

vista

Desta vez no canto de ir directos ó Bosque fomos primeiro cara o hotel, que estaba pretiño, pero ó final enredamos máis do que agardabamos porque as nenas quedaron durmidas e paramos mercar avituallamento.

Cando chegamos ó aparcadoiro do Bosque pasaban das sete e media e o primeiro que vimos foi un cartel apuntando cara arriba que puña: Bosque de Oma 2,8 km.

2,8km. De subida. Con nenas que camiñan cen metros antes de comezar co "estou cansa". Bufff.
Pero ó día seguinte había outros plans, e estabamos alí, había que intentalo.

Efectivamente pasou. Ós cen metros comezou o canto do cansancio, pero levabamos unha guía impresa cun mapiña do bosque e máis os nomes das obras e comezamos pedirlle á Z. que os fose lendo a ver que era iso que iamos ver... e foi unha festa!
Primeiro poñer caras cos nomes que Ibarrola lles poñía, logo rirnos imaxinando o que sería, logo rirse de min maldicindo ó señor pintor por pintar nun bosque tan lonxe ó que seguro que el non ía andando cos botes de pintura,... ante cada "falta moito?" había un "non pode faltar moito, ten que ser aí xa despois desa curva, que se non ides ter que empurrarme..." e veña risas fronte á miña desesperación.

Por iso non hai fotos do camiño, estabamos demasiado ocupados. Agora penso neste día e foi tan inesperadamente ben que non quero esquecelo nunca. Ata penso que lles gustou tanto ou máis o camiño que o bosque en si, sobre todo á Z. que á volta quixo ir ó meu carón para "rirnos coma antes, mami".

Bueno, si, hai unha foto, do móbil do Moucho, e que creo que reflexa perfetamente o espírito do camiño.

no camiño

E por fin chegamos! Aquí os estamos, despois de semellante baixada de escaleiras (un bo treito e un tanto perxudicadas polas choivas deste ano). Aí me tendes a min sopesando a volta xunto á obra número 1, vedes a "invitación al beso"?
chegamos!

Pois o Moucho non vía nada e por pouco maldice ó home e ó Bosque nada máis chegar. Pero só foi con esta e a sús discromatopsia. Logo mellorou a cousa.

Explícovos. No bosque hai árbores pintadas e distribuídas por todo el pódense atopar no chan frechas cun número e unha dirección onde mirar. Algunhas fórmanse só nun ángulo determinado ó superpoñerse os trazos de varias árbores que están en distintos planos. É divertido, xenial para ir cos peques e animalos a facer camiñatas.

homes
figuras
motoristas
a guía e os fotógrafos
dous iguais
liña

6/12

Levamos ás vacacións a cámara compacta, que a temos abandonada dende hai tempo, pensando en deixárllela ás Tartarouchas coma un entretemento máis da viaxe. A Z. apenas a tocou, en troques deulle por ler compulsivamente. A L. pedíaa cada piuco. E gústame moito poder ver un pouquiño da viaxe a través dos seus ollos.

no coche por L
o seu pe por L
vistas por L
por L
o seu pe pot L
os pes do Moucho por L

Esta, por exemplo. Coido que en todo o tempo que estivemos no bosque eu non mirei unha soa vez cara arriba ás copas das árbores. Supoño que é máis doado que o fagas cando mides un metro e tés que mirar sempre cara arriba :)

arriba por L

frechas por L
árbore por L
Z por L
nós por L

E gústanme tamén estes momentos por duplicado.

eles
eles por L

L por min
eu por L

A cámara estaba sen flash (xa sabedes, porque non me gusta) e ás horas que chegamos, e metidos nun bosque xa vos imaxinades que a luz non era espectacular. Pero ter feito esa subida ó sol coa calor que pillamos toda a semana tería sido agotador, e máis difícil intentando que ó B. non lle dese o sol.

E tocou ir de volta e subir todas aquelas escaleiras.
Antes de gardar as cámaras para coller folgos tirei un par de fotos con cada unha delas:

Aquí a L., fresca coma unha leituga, animando á súa nai que é sen dúbida a que está en máis baix(ísim)a forma da familia.

alá imos!

Aquí (foto pésima) a Z. comezando o camiño de volta ríndose xa da súa nai. (e o treito que nos levan xa os áxiles da familia).

volta

Ahhhh! Que se me esquecía! Xa vistes o outro día o tesouro que atopou a L., non?

L :: 29/52

Xa na casa foi ela quen colleu as guías de aves e se puxo a buscar. Confeso que eu cría que sería misión imposible, folleei un pouco e rendinme e entón foi ela a que seguiu con interese e atopou primeiro e súa pluma como exemplo de coberteras nunha das guías. Eu xa me daba por máis que satisfeita aínda sen saber o nome, pero ela seguiu buscando e atopouno.

guías
coberteras
gaio común

Un gaio común (arrendajo). Que despois viu que ademáis era tan bonito que estaba de portada na outra guía :)

portada
Sabedes que é o mellor de todo? Que todo isto é aprender con ganas.
Por certo, esa primeira guía de aves de Rob Hume é preciosa. E encantaríame tela e ter ademáis a paciencia, o tempo, a ocasión, a pericia e o equipo para facer fotos como as do curmán Richi.
E unha última cousa, á volta a L. tropezou e caeu, correndo dende min cara seu pai e súa irmá un pouco máis adiante cara abaixo.

L :: 29/52b
L :: 29/52c

Non me alegrei, claro, doeume, igual que a caída da Z. ó baixar de visitar o campanario de Hoz, pero teño que dicir que creo que cando se é neno hai que facer estas feridas sen importancia nos xeonllos no verán que demostran que viven cara fora, e que cada vez se ven menos, non?

Chegamos abaixo de novo ó aparcadoiro preto das dez da noite. E non sei se quero saber como é que atrás nosa no Bosque quedaban alo menos dous grupos de persoas que non nos adiantaron polo camiño e cando chegamos abaixo estaban tan só o noso coche e máis outro... Haberá outro camiño de volta? Quedarían durmir alí? Serían as pastasmas do bosque?  :P

Ese día ó chegar ó hotel o Moucho dixo que mellor o día seguinte o tomabamos con calma, para descansar.

E xa paro. Outro día seguimos de roteiro :)

3 comentarios:

  1. Divino Divino.
    O Moucho parece ser un hombre sabio. Como mi F. :-)

    La penúltima foto... uff, de morirse de amor.
    Sois unos valientes. Nosotros vimos esos 2,8 km y, aunque solos los hacemos sin problema, con las niñas y lloviendo no nos atrevimos la verdad (co-co-co...) Nos dijeron que estaría todo embarrado, y eso significaba portear a las dos. Valentina se lleva bien, que es peso pluma, pero Amanda estaba en la época de quiero bajarme al suelo ya! Y claro, con barro y frío, no es buena idea :-(

    Flipo con ese tesoro ycon que encontraseis al dueño!
    Y una vez más con las fotos de la L. La primera dentro del coche con su hermana leyendo y su pequeño al fondo... me chifla. No se si son composiciones casuales, o una selección muy seleccionada de material, pero la verdad es que tiene buen ojo, no te parece?

    CUÁNDO NOS VEMOS?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esa penúltima foto é espectacular, encántame, morro inchado e todo, ains.

      Valentes sodes vós, Eva, se fostes a Gaztelugatxe porteando, que é moito máis duro, coas dúas,... só tivestes malas condicións, as nosas non tiñan nada que ver, era un día ideal a unha hora perfeta.

      As fotos da L. son unha selección, pero podía ter feito outra selección distinta e ser igual de especiais, a min encántanme, todas. Póñome un chisquiño na súa pel... arrepíome só de pensalo :)

      Falamos, a ver se deixa de ser misión imposible o de vernos!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir