sábado, 27 de julio de 2013

De vacacións polo norte II

15072013-IMG_2062
15072013-IMG_2064
15072013-IMG_206515072013-IMG_2066-2
15072013-IMG_2129
15072013-IMG_212715072013-IMG_2174
15072013-IMG_2135
15072013-IMG_2160
vitoria1
16072013-IMG_2186
16072013-IMG_2191

Da parte vella e o centro, preciosos, non hai fotos, deixamos Vitoria o martes pola mañá baixo un chaparrón de tormenta e fomos camiño o primeiro destiño do día: as covas de Oñati.

E outro éxito polos pelos. Se ides recoméndovos que vos informedes antes das visitas, nós chegamos xusto cando acababa de entrar unha pero a visita era en euskera e xa comezara, así que agardamos pola seguinte. A rapaza que fixo a visita guiada era moi agradable, viñan tamén uns holandeses e fixo parte en inglés ademáis de castelán. O percorrido ten bastantes escaleiras, á ida non se nota, pero á volta si :), de todas maneiras dicíao máis por se ides con bebés ou carriños... nós levabamos ó B. na mochila, coma case toda a viaxe, pero a silla segue a ser cómoda para levar todos os trebellos da familia numerosa de excursión.
Ó que ía, o percorrido dura unha hora. Vimos á L. adiantada sempre onde a rapaza que explicaba as cousas, coma nunca, e cando chegamos ó final púxose toda triste porque quería seguir vendo a cova. A Z. ademáis quería baixar da pasarela como os rapaces do campamento que entraron canda nós e dixo que non podería ir a ese campamento porque non entendería nada (falaban euskera, claro).
Non é a primeira vez que visito unha cova e as miñas fotos teñen sempre o mesmo éxito, desta vez direi que levar un bebé nunha mochila non axuda a ter bo pulso (xa, tamén podía usar o flash, pero prefiro ter poucas fotos e movidas que co fogonazo do flash... manías).

fora
oñati 1
oñati2
oñati3
oñati4
oñati5
oñati7
L triste

Ademáis do que é a cova merece a pena só mirar ó redor porque as montañas verdes que rodean todo son impresionantes. Pretiño está o santuario de Arantzazu, que é diferente poque é de construción moderna, e impresiona velo pola parte traseira. Hai tamén un centro de interpretación do parque natural de Aizcorri ó que non puidemos ir, pero queda para a vindeira visita.

E déixoo aquí por agora, que se non á páxina vaille levar unha eternidade cargar con tanta foto.

Cousas que aprendemos desta parte da viaxe:
- que improvisar e tomalo con calma pode facer que a viaxe mellore. De Arantzazu non sabiamos nin tiñamos planeado (non somos moi de Igrexas, a verdade), pero resultou ser un sitio ben interesante aínda que só fose polas vistas xa merecería a pena. O xantar non a mereceu, pero bueno, non sempre se acerta, non?

NOTA: Aínda non me apetece retomar o asunto das vacacións, pero esta entrada deixáraa programada de antes do accidente. Por sorte non nos tocou a ninguén coñecido, pero aínda así sigo tendo as entrañas remexidas, sentíndoo por todas as familias que non o van esquecer nunca, e querendo estar na miña casiña coa miña familia. Desexo que esta finde todos vós poidades facer o mesmo.

4 comentarios:

  1. A pesar de que non toquen coñecidos directamente (pero si coñecidos de coñecidos), a vida ten que continuar e temos que quitar este mal corpo que temos destes días e agradécese ver cousas boas e bonitas despois de tanto drama. Eu anímote a seguir cas túas habituais entradas.

    ResponderEliminar
  2. Si, así andamos todos. Sin querer despegarnos de los nuestros.
    Un besiño reina. La vida sigue, aunque para muchas familias, por desgracia, nunca volverá a ser igual.
    Qué dolor.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir