martes, 23 de julio de 2013

De vacacións polo norte I

Non teño moi claro se me vai dar tempo de escribir o que quixera, a verdade é que pensei que non ía facer entrada ningunha sobre as vacacións, pero saíronnos tan redondas e unha parte grande téñolla que agradecer a que alguén compartiu a súa viaxe na rede, que pensei que tiña que devolver parte dese "favor", así que aquí van algunhas cousiñas.

A cousa comezou porque hai un tempo este ano os curmáns do Moucho tiveron ocasión de verse e decidiron que estaría ben facer unha xuntanza de curmáns. Puxeron data e lugar: Hoz de Barbastro, 13 e 14 de xullo. Mooooooooi lonxe. Levaríanos un cento de horas chegar co B. que non leva o coche moi alá, e só para dous días... un sería para ir e outro para volver... pero igual podiamos aproveitar a viaxe, coller vacacións e ver a parte de Euskadi que nos quedaba. Levamos anos dicindo que temos que ir a Bilbo con Aivou e Carolo, pero semella un imposible cadrar, e só coñeciamos Donosti. Así que temos que agradecer á familia do Moucho, non só facer a xuntanza e poder coñecer a todos os grandes e pequenos, por facer o esforzo de ir ata aló, senón tamén por animarnos a facer o resto da viaxe e pasalo tan ben.

Así que a viaxe comezou conducindo toda a noite ata Hoz. A idea inicial era facer noite a metade de camiño, pero non tiñamos hotel reservado porque non sabiamos se conseguiriamos chegar, e logo pasou que de noite cos tres durmindo a viaxe facíase ben, pero as case catro horas que faltarían, se as faciamos polo día, co B esperto podían duplicarse fácilmente, así que seguimos. Acompañáronnos TODO o camiño de oeste a leste tormentas eléctricas. Chegamos ás seis e media da mañá, xusto para ver o amencer (e decidir que o solpor me queda moito máis a man e vén sendo o mesmo). O día seguinte foi un pouco tortura con tres espertos e só un par de horas de sono, pero sobrevivimos.

amencer
hoz 1
canal
hoz 2
hoz 3

Aquí foi onde comezou a nosa parte plaxiada da viaxe. Logo de saber que queriamos ir a Euskadi ocorréuseme preguntarlle a Eva Lago, que había pouco estivera de viaxe familiar por alí, así que grazas á súa viaxe tiñamos case un itinerario feito seguindo as fotos do seu instagram e as súas recomendacións.

A primeira parada foi Vitoria-Gasteiz.
Gustoume moito, é pequeniña, ten moi bo ambiente, estivemos xusto o día antes de que comezase o festival de jazz e aínda así había dous concertos nas súas prazas. Apenas teño fotos porque non comprobei as baterías da cámara e a de reposto estaba baleira. 
Pola mañá achegámonos a un dos parques do Anel verde, un conxunto de parques que rodean a cidade. Nós fomos os humedais de Salburúa. A verdade é que crin que ía ser máis complicado coas nenas, levabamos prismáticos (os que me regalaran cando fixen a comuñón!!!) e guías de aves que collemos na biblioteca antes de saír, pero imaxinaba que ós cinco minutos de estar mirando paxaros na auga ían dicir que aquelo era un rollo e querer marchar.

expedición

Camiñamos uns douscentos metros dende onde deixamos o coche no aparcadoiro ata o primeiro observatorio dun dos lagos. O lago está totalmente pechado e ten só un par de observatorios para ver os animais dende alí.
É máxico.

moitos

Cando chegamos había un home de barba branca cun super equipo fotográfico camuflado que nos amosou un cisne que había no lago e máis as fotos que sacara algo antes pola mañá dun Martín pescador (insertar envexa aquí). Explicoulles ás nenas que non se podía facer ruido e que non se podían sacar as mans fora das fiestras porque os paxaros se asustaban co movemento moi fácilmente. Logo marchou satisfeito co seu tesouro. E inexplicablemente as Tartarouchas non paraban de ir dunha esquina a outra, de mirar cos prismáticos, de pedir que identificaramos paxaros na guía...

ornitólogas
cisne
 pato cristado (porrón moñudo)
illa
cegoña
de presa
Tartaraña das xunqueiras (aguilucho lagunero occidental)

Descubriron os cornos dun cervo que pastaba metido no lago entre os xuncos e mantivo o seu interese ver como se ían achegando, a ver se podiamos ver un anaquiño máis.

cervo 1
cervo 2
cervo 3
cervo 4
cervo 5

Botamos alí dúas horas. Intentamos convencelas para dar unha volta polo parque ata outro observatorio, pero non querían perder de vista ó seu cervo. Cada vez que entraba alguén explicábanlles "as normas" e amosábanlle o seu descubrimento do cervo. Á fin tivemos que marchar xantar coa condición de volver pola tarde. Pero pola tarde púxose a tronar e non era o máis axeitado ir a un parque cheo de árbores cando hai lóstregos, así que non puidemos volver.

Outro pouquiño máis na seguinte entrega.

Cousas que aprendemos desta primeira parte:
 - ás veces merece a pena levar algo preparado por se hai sorte e as peques se animan, foi emocionante ver o entusiasmadas que estiveron cos prismáticos e as guías no observatorio de aves.

 - non levar plans fixos axuda a liberar estrés cando se viaxa con nenos. Antes de saír non tiñamos moi claro se levar hoteis fixos xa reservados ou ir buscando sobre a marcha e decidimos arriscar e non levar nada mirado pese a ser segunda quincena de xullo. A verdade é que tivemos sorte e puidemos escoller sempre entre varias opcións, supoño que a cousa non está indo moi alá para os que viven do turismo, en calquera caso, igual pode valer se se viaxa fora de temporada. Ah! E valeunos usar a wifi dos hoteis que reservabamos, pola noite cando os peques durmían mirabamos o hotel para o seguinte día.



8 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Pois na casa de meu pai, eu non lembro terllos deixado e el non lembra telos usado, non sabemos como chegaron alí, e o caso é que o descubrimos por casualidade a semana que marchabamos porque a Z é unha lingoreteira.

      Eliminar
  2. Preciosas fotos eres una artistaza¡¡¡
    Un Abrazo
    Silvia

    ResponderEliminar
  3. Me encanta leeros. No hace falta ir muy lejos (que Donosti.lo está pero tû sabes lo que quiero decir) pars vivir grandes aventuras. Un beso a los cinco de nosotros cuatro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Me lo dice la mujer de la familia que está en el otro lado del mundo y que en breve estará en las antípodas :D
      Pero es cierto, no hace falta irse lejos para vivir grandes aventuras, solo tener los compañeros perfectos ;)

      Bicos familia!!!

      Eliminar
  4. ME BORRÓ TODO LO QUE TE HABÍA ESCRITO QUÉ PASÓ???

    Resumo again... :-( sin la frescura de la primera vez.
    Pero que te decía que una parte de nuestro recorrido fue también apoyado por compis de la red. Bendito facebook! Aunque llevábamos una idea... pedimos consejo y se confirmaron nuestras ideas iniciales :-) Así que este feedback es gustoso.

    A que son mágicos los humedales? Yo no quería salir de allí! Encima nosotros con las bicis l opasamos genial!
    Estoy deseando ver el capítulo II y el III y el IV :-) Me mola ver los viajes ajenos de mis ciber-amigos jiji.

    Y si, estoy de acuerdo: FLEXIBILIDAD y CERO prisa es la fórmula para viajar con niños. Nosotros también vamos aprendiendo sobre la marcha.
    Besito.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ohhhhh, merda de blogger, roubarme a túa resposta!

      Os humedais son exactamente iso: máxia, hipnótica. Botei de menos un equipo axeitado para facer fotos, aínda que fose de préstamo (e uns brazos libres para poder facelas :D) :P

      Imos aprendendo, cando saibamos moito xa non nos fará falla :D
      Un bico grande

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir