lunes, 15 de julio de 2013

28/52

Z :: 28/52

L :: 28/52

B :: 28/52

Z: O teu primeiro campamento (diurno) foi un éxito, pasáchelo xenial e eu acabei rebentada, non ti. Esta é a túa cara de contrariedade, cando falas con esa voz queixumbrosa: "é que eu non o sabía!"

L: Esas enruguiñas que che saen no nariz cando ris e entrepechas os ollos.

B: Agora es un réptil e xa es quen de erguer o cu e poñerte e catro patas de cando en vez e de sentar dende que estás tombado. Ás veces dormes 2 minutos cando te pouso.

2 comentarios:

  1. E como é que ti tamén acabaches rebentada do campamento? Tamén tiveches que asistir?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non, pero volvían tarde, sobre as nove da noite, viña chea de enerxía e na casa non paraba, e traía "retos" para facer para o día seguinte, así que era un non parar.

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir