jueves, 6 de junio de 2013

Un vaqueiro: dous vaqueiros


Seguindo coa intención de surtir de pantalóns curtos á Z., e despois de facer varios de punto dos que a ela lle gustan, pensei que se cadra podía intentar que usase algúns vaqueiros curtos porque son máis resistentes e porque aguantan máis tempo limpos, así que poden usarse varios días seguidos sen ter que pasar pola lavadora, cousa que, non sei a vós, pero aquí non pasa nunca cos outros.

Así que busquei pola casa algún vaqueiro vello que non importase moito se non saía ben a cousa, e atopei estes pantalóns que foran do Moucho hai tempo  pero que non lle valían xa, e que ademáis estaban gastados xa e con remendos polo desgaste do roce entre as pernas. E lembreime desta idea para reutilizar pantalóns que vira hai tempo e que era o ideal para este pantalón porque xusto desbotaba esa parte interior das pernas máis desgastada.
vaqueiros 1 

Volvín usar de patrón o mesmo pantalón do mesmo libro Happy Handmade vol.5 pero na súa versión de media perna, e cortei de novo un pouco máis longas as pezas por se a Z. prefería dobladillo,... a min gustábame o aspecto do vaqueiro cortado e sen rematar, sen máis.
O caso é que me sobraba moita tea, xa vedes, así que decidín facer outro par para a L. co mesmo patrón na súa talla. E teño que facer algunha observación sobre o patrón. Non sei se perdín información ó estar en xaponés, o caso é que cando fixen os pantalóns coa tea de punto xa pensei que debían estar pensados para tea elástica porque, aínda que hai unha versión longa que se abrocha, o resto levan goma na cintura e é totalmente pechada, e efectivamente, os da L., que non teñen abertura ningunha cústalle subilos, e iso que é un fideiño. O caso é que os pantalóns do libro, e máis os que teño visto feitos noutros blogues parecen de tea normal, e ninguén fai referencia a esta dificultade.
Os da Z. fíxenos nunha talla máis e levan a cintura algo aberta porque utilizan a tira orixinal do pantalón, se nón non lle terían subido...


vaqueiros 2 

No ollo do botón no pantalón que usa a rapaza no tutorial usou varios botóns cosidos por dentro, a min ocorréuseme usar no da Z. un só botón pero cosido a un anaco de goma elástica da que uso nas cinturas, así non ten que desabrochalo e abrochalo (que sei que non lle gusta) e a cintura queda axustada.
Houbo un problemiña na traseira porque xusto me cadraba a costura traseira do tiro enriba da costura dos dous petos traseiros, así que íallos quitar, pero entre o gastado que estaba o pantalón e os furados que quedaban decidín cortar só a parte que me estorbaba e aproveitar o resto dos petos tal cual estaban... e non quedou mal. E outro ó que non lle atopei moita solución foi que a costura da cintura non, a do anaco ese de tea que levan por atrás, avulta bastante, pero ó levar goma por atrás na cintura parece que non lle molestou porque estáo a usar moito :)

vaqueiros 3 

E logo veu a parte da personalización, a petición das clientas, a L pediu esas flores de licra que tiña enriba da mesa porque viñan nun paquete de roupa que nos deu unha amiga da avoa Olga (avoa Olga, amósalle que as usamos! :)) e a Z. eses enfeites que traía un chapeu que merquei na feira hai un par de anos e que gardaba para algo así. Pediume poñelos nunha tira "como teñen os vaqueiros de verdade" e que pola explicación supuxen que era algó así.


vaqueiros 4 

Eu apúntome os dous coma un exitazo porque as dúas os están a usar, os da Z. ata foron a envexa do cole e fixo que viñera toda feliz con eles e a L. hoxe mesmo se decatou da vantaxe de que "estes pantalóns xa os puxen moitos días e non se manchan nunca...".

Ale, un puntiña máis para min :)

4 comentarios:

  1. No me extraña que hayan sido un éxito total, con esos detallitos... estarán encantadas! A mí me cuesta ponerle tejanos a Martina, no sé, me da la sensación de que no es un tejido flexible... Pero resistente, eso sí!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero si a mí me pasa lo mismo conmigo misma, no me parecen cómodos, pero lo resisten todo. El fin de semana pasado me llevé un solo par fuera de casa: con vómitos de bebé, una cerveza por encima, comida y sentándome en sitios innombrables... no me imagino lo que hubiese pasado de llevarme unos de los que me gustan de punto... igual esto también es bueno aprenderlo por economía doméstica ;)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir