martes, 4 de junio de 2013

Pantalóns curtos

A Z. medrou moito este ano. O verán pasado tiña moita roupa do ano anterior e este ano non lle vale nada agás algunha camisola e saias que sei que non vai querer poñer porque non son o seu, nin as saias nin os vestidos. A que ten sorte é a L. que lle vale prácticamente todo: o seu e o da súa irmá, imos ter que facer selección porque a roupa non lle entra no armario...

Así que a Z necesita roupa de verán. Ata agora fun facendo amaños en roupa que necesitabamos, pero as cousas que fixen foi máis por probar, porque me apetecía, que por necesidade. Esta vez quería aproveitar e facer as dúas cousas a un tempo, porque me apetece e porque a necesita. Teño que dicir que o máis difícil de todo está a ser resistir á tentación de ir a calquera tenda e mercar nun minuto o que pode levarme quen sabe canto tempo facer. Pero non quero renderme e este tempo tolo e medio invernal, co vento do norte cada día que sae unha raiola de sol, estáme axudando facendo que non sexa unha necesidade aínda poñerse de curto.

Fixen xa algunhas cousas, así que hoxe amósovos dúas. Dous pantalóns "moi curtiños" a petición da súa dona, que realmente son os que máis lle gusta usar logo no verán. Non merquei ningunha das teas porque son dos retais que tiña pola casa.

Os primeiros, estes de flores, son coa mesma tea que usei para as mallas da L o ano pasado e antes para uns pantalóns bombachos da Z dos que penso que non hai foto. Por suposto, despois do incidente das mallas, xa me lembro sempre de mirar a elasticidade da tea e no sentido que a corto, non hai como equivocarse para aprender, non era?

de flores

Usei para o patrón o libro Happy Handmade vol.5, e ós pantalóns engadinlles uns centímetros máis nas pernas, que me parecía que eran curtas demáis e non ían ser cómodos. Non está mal o de usar patróns... tés a talla sen andar improvisando e aprendes cousas novas, como por exemplo a coser a cinturilla doutro xeito máis curioso.

Para os segundos usei o mesmo patrón, pero non lle fixen o dobladillo falso da perna, fixen un normal para rematar antes e porque realmente a ela íalle dar igual o detalle.

rosas

E xa van dous pantalóns.


2 comentarios:

  1. Los de flores están perfectos!Los de motas son bonitos también, pero es que la primera foto nos permite ver todos los detalles y se nota muy bien hecho, muy bien acabado...impresionante, Raquel!

    ResponderEliminar
  2. Sí que son bonitos, sí. E parabéns por resistirte á tentación de comprar. Non é doado. Eu xa non me fago roupa, como creo que che comentei noutra ocasión, polo tempo e o esforzo que me levaba. Pero, ao menos, estou restrinxindo moito as compras non necesarias...
    Bicos.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir