martes, 18 de junio de 2013

Elas dixeron

tenda de campá

L.- Para que son esas cousas azuis?
Eu- Son sacos de durmir.
L.- Pois eu non vexo que os usemos nunca para durmir.
Eu- Xa,... é que na casa temos sabas. Os sacos usámolos só cando imos de camping.
L.- E cando imos ir outra vez durmir na tenda de campá?

..........................

L.- Imos facer moitos corazóns para que te amores de papi.

..........................


L.- Pícame moito aquí.
Z.- Onde, no obaco?

..........................

Eu- L, veña, pon unha chaqueta que imos sair.
L.- Mami! É que só teño chaquetas moi calorientas!

..........................

Z.- Eu quero que lles fagamos o agasallo con morcilla. Ou como se chamaba esa masa?

..........................
tartaruga tremenda

L.- Onde está a tartaruga tremenda?
(tremenda = que treme)

..........................

Z. (Vendo un programa na tele sobre como se elabora a pasta italiana)- Mira, están facendo pasta xaponesa, L.

..........................

L.- Mira que momimiento hago.

..........................

L. - Mami, tantas cereixas que se estaban colorando! E xa non se poden comer...

5 comentarios:

  1. Jajaja, que simpáticas e que razón teñen!!! son "tremendas" :P

    ResponderEliminar
  2. Como é que recordas as cousas que din? Vas apuntando pola casa adiante?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si, vou apuntando todo o que me acorda, pero a metade das veces no que tardo en atopar o boli e o papel, aínda co sorriso na boca, esquecín o que dixeron...

      Eliminar
  3. A min pásame o mesmo...din cousas incribles, como vendo a vida dun ángulo distinto, e logo pasa o momento e zas, perdichelo...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir