miércoles, 12 de junio de 2013

Agasallos feitos na casa

Eu- Mañá é o cumpreanos de A. e de U., que lles podemos facer de agasallo?
Z.- Eu quero que lles fagamos o agasallo con morcilla... ou como se chamaba esa masa?

:)
Pois a falta de "morcilla" podemos facer masa sal e modelar con ela os nosos agasallos. Tres cuncas de fariña, unha de sal e unha de auga e listo, a mesturar:

amasando

amasando 2

Modelar: 

gatiño

gato, paxaro, e comidas

golfiño

Ó forno a secar e logo a pintar:

pintura

paxariño

Unhas caixas de zapatos que sempre gardamos e listos!

Para a A.: un gatiño coa súa comida e a súa auga, unha cestiña, unha medalla e unha cousa verde indefinida que xa non lembro o que era.

para A

Para a U.: un paxaro, a súa comida, a auga (o negro), un can (iso enorme con puntiños de cores) e unha medalla.
 
Para U

Todo feito por elas, de principio a fin, dende a idea inicial ata a entrega.

E logo unha sorpresa na mesa... queredes saber como se chama unha das cumpreaneiras?

escritos satánicos 2

Non o vedes claro? A ver, que volo poño fronte ó espello...

escritos satánicos 2

Capacidades que temos con catro anos e perdemos co tempo :)

4 comentarios:

Conta, conta...

Por se queres compartir