jueves, 2 de mayo de 2013

Volta ó pasado

Raquel 600

Tiña en mente amosarvos esta fotiño. Hai pouco estiven a recopilar todas as fotos do meu arquivo fotográfico e ordealas, paseinas todas ó mesmo soporte, metinas no catálogo do Lightroom e actulicei as copias de seguridade. Apareceron moitas cousiñas que sabía que tiña pero non sabía onde e ademáis xa levaba tempo intentando escanear algunha das fotos que temos por casa da era analóxica, pero na Semana Santa fomos por casa da avoa Olga e estiven a botar un vistazo ás fotos da lata. Apetecíame telas todas, pero están mellor alí para que todos poidamos botar man delas, así que trouxen un feixe delas e ando escaneándoas ós poucos. 
Esta foto gústame, estou eu de pequerrecha, o seiscentos "mirabragas" que tiña meu avó e a plazoleta onde saía coa miña avoa polas tardes. Ademáis esa casa que sempre estivo aí e agora ata penso que é o local da asociación de veciños, é bonita, con ese telladiño, a árbore diante e a cor da foto... semella unha casa encantada.

E sabedes que máis trouxen? Pois a cámara coa que levan anos xogando as nenas e coa que se sacou esta foto de aí enriba e a maior parte das fotos da miña infancia, tan bonitas cadradiñas e con tantos bos recordos... unha kodak instamatic!

Ando argallando en conseguir unha carcasa dos carretes que usaba e poder disparar con ela de novo. Teño varias cámaras analóxicas na casa, pero esta é con diferencia a que máis ganas teño de usar... o que fai ás veces a morriña, verdade? Se consigo facer algo con ela amósovos o resultado.
Aposto a que esta caixiña de plástico que sacaba fotos, barata e sinxela de usar non foi só a cámara familiar da miña infancia, alguén máis tiña unha instamatic? 

02052013-IMG_9258

O caso é que esta fin de semana estiven escaneando unhas poucas e amosei unha dunha festa (supoño que un cumpreanos, pero non adiviño de quen) onde estou cos meus irmáns e meu curmán, e alguén dixo que a L. era igualiña a min, e logo foron moitas persoas as que dixeron que nos pareciamos,... así que ainda que ó primeiro dubidei porque nunca mo dixera ninguén, logo crino :D 

nenos festa

Seica hai unha descendente de tres que se parece a min! Non é que me importara moito antes, pero agora que mo crin faime ilusión, así que ignorarei comentarios que non apoien esta teoría ;P

6 comentarios:

  1. Apoio a teoría para que non me ignores e porque é certo.

    Mari.

    ResponderEliminar
  2. Respuestas
    1. Grazas Palmira! Non vos atrevestes a dicir o contrario, va que non? :D

      Eliminar
  3. ¡Yo también tuve una kodak instamatic!¡Yo también pienso que sois igualitas las dos!
    La misma expresión, la misma mirada... hasta las gafas son parecidas! Un beso.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir