martes, 7 de mayo de 2013

Primavera na Coruña

O venres enterámonos de que o sábado era o día da ciencia na rúa e os museos coruñeses tiñan xornada de portas abertas. Ademáis había unha chea de carpas con actividades ó redor da Casa das ciencias.
As Tartarouchas, a Z. en realidade, repetiu varias veces este inverno que tiña ganas de volver á Casa dos peixes, así que nos pareceu que era unha boa oportunidade para ir. Se finalmente había demasiada xente sempre podiamos aparcar a visita por cousas máis interesantes e volver outro día con calma. Pero tivemos sorte, seguramente axudados polo horario no que fomos: chegamos á 1 e saímos do Aquarium ás 3.

Moucho e B
04052013-IMG_9340
a miña familia

puntos:)
Z e o cabaliño de mar
Vimos ovos de raia, igualiños que o que gardamos na nosa caixa dos tesouros, pensamos que a próxima vez teriamos que buscar xibias, porque eu lembro ver moitas cando era pequena na praia e aínda non tiñamos ningunha entre os nosos tesouros, e eu non puiden parar de pensar nas lampreas e no brutos que somos os humáns que ata comemos samesugas xigantes, brrrrr.
04052013-IMG_9324

Levamos unha pequena decepción ó preguntarlle á xente do museo pola poza onde metías a man e os peixes che facían aloumiños, porque na páxina que consultaramos puña que habería un obradoiro de bioloxía na Charca de las caricias, e resultou polo que nos dixo o persoal, que había moito tempo que se desmontara a poza xa. A verdade é que o Moucho e máis eu non lembravamos moi ben se era neste acuario ou no de Donosti do que nos lembrabamos.

De calquera xeito rematamos a visita ledos e fomos xantar con Lourdes e Alejandro e deunos tempo de ir á praia, onde atopamos non unha senón dúas xibias e máis un cránio de gaivota; comer un megaxeado e logo acabar a tarde nun parque cun paseo de pérgolas cheo de glicinias en flor e co sol da tardiña... precioso.

Alejandro, Lourdes e B
moucho na praia
04052013-IMG_9369
escalando

 Z :: 18/52 e
Z e L
Lourdes e B
mamá galiña
glicinias
teteando
L :: 18/52 b

E ó final... de volta a casa.

04052013-CAM00132
adeus sol

NOTA: grazas ó Moucho por facer que eu tamén saia nalgunha fotiño :)



6 comentarios:

  1. Respuestas
    1. seguro, paideleo, pero pensar comer un bicho que chupa sangue... eu non podo evitar velas como carrachas xigantes e mariñas, brrrr

      Eliminar
  2. Iso é no parque de Santa Cristina? Non recordo ter visto esa pérgola tan florida...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que é Montse, pois vai dar un paseo un día de sol porque dá gusto vela, de verdade :)

      Eliminar
  3. Oh, na miña cidade andívechedes. Alégrome que tivérades un bó dia, sobre todo con sol, que nos escasea tanto ultimamente..Fotos preciosas coma sempre.

    E nesas fotos, xa que saes tí, a que sempre está detrás do obxetivo, vexo que tés un pantalón como un que teño eu xa moi velliño pero ao que lle teño especial cariño polo cómodo que é e bonito..Como xa está roto e descolorido..(xa o teñín e cosín) pero..xa non da mais...preguntábame onde o encontrache/comprache ti por si teño posibilidade de volver encontrarme un igual. O meu mercárao fai uns cantos anos en Vilagarcía, nun mercado itinerante...

    Grazas pola info, si é que ves esto e podes votar un man..e grazas polo blog, que sempre-sempre é fenomenal.
    bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Aurora, este e outro pantalón igualiño pero en verde merqueinos en Ourense hai catro anos cando a L. era recén. Nunha tenda que se chama Dunia que está nunhas das galerías que hai entre a rúa do paseo e Santo Domingo. Teñen ou tiñan tamén tenda no Centro Comercial, pero non sei se seguen estando as dúas no mesmo sitio. Agardo que che sirva de algo. Eu merquei unha tea con intención de facerlles unha copia, pero non me chega o tempo para facer todo o que quero.

      Saudiños!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir