viernes, 10 de mayo de 2013

Onte. O globo

Onte foi un bo día. O B. e máis eu durmimos un chisco máis xa que non fomos ó cole (elas non que, por suposto, un día que non teñen que erguerse tan cedo, espertan). Fomos á manifestación contra a LOMCE e os recortes en educación, aínda que chegamos ó final. Fixemos uns recados (suxeitador, bombilla, panela), vimos dous magos na praza maior que nos encantaron, e ademáis era o día de Europa, así que as Tartarouchas volveron a casa con cadanseu globo. Bueno, as dúas non, a pobre da L. quedou co fío na man ó pouco, o seu non debía estar ben atado e marchou voando. O mellor foi escoitar á Z. : "bueno, L. que importa, só é un globo, ademáis podemos compartir o meu".

Chegamos a casa, xantamos e puxéronse a pintar nun libro moi chulo que mercamos o ano pasado e que se non o pintaran elas habíamo quedar eu para min. O B. mentres durmía un pouco (pouco) e mentres eu intentaba adecentar un pouco (pouco) a cociña.

pintando

pintando 2

Entón espertou, protestou un pouco (pouco) e logo escoitei ás súas irmás facerlle caso e de súpeto moitas gargalladas. A Z. ri moito, a L. sorrí pouco pero se cadra por iso máis intensamente, pero se a escoitas rir a gargalladas hai que mirala porque seguro que polo menos frecuente, merece a pena.
O seguinte foi: "Mamá! Vén ver!"

"Mira!"

globo 1globo 2
globo 3globo 4
 globo5
globo 6
globo7

globo8globo9
Son un exemplo e sempre unha sorpresa, con idades tan diferentes atoparon un xogo que lles encantou ós tres. Isto tamén é ser irmáns, e eu póñome brandiña :´)

globo10

Ohhhh

ahhh

O resto do día estivo igual de ben: pitando á biblioteca devolver os libros e recoller a tres pequenas máis para ir con elas andando de novo ver outro mago mentres a súa mamá-coidadora ía facer unha mini viaxe. Escoitar a unha rapaza "vaia recua de pequenas!" e ver os ollos da xente tan abertos mirando cara a min coa tropa (imaxinando como será ter unha familia numerosa, ou o que é o mesmo para a sociedade de hoxe: ser marcianos ;) ). Logo recoller máis globos e xogar coas amiguiñas un bo pedazo mentres falamos a mamá e eu. E chegar a casa con dous de tres durmidos no coche.

Boa fin de semana, que a estreedes coma min cun sorriso :)

NOTA: Foi boa idea pintar de branco :)

6 comentarios:

  1. Pues, sí, Raquel, la sonrisa ya está en mi cara después de leer y ver vuestra historia del globo y los tartarouchos...qué maravilla!Besos y muy buen fin de semana, a seguir disfrutando!

    ResponderEliminar
  2. Certo que foi boa idea o das paredes. Ese branco dá unha luz preciosa.

    É unha delicia ver a cara de sorpresa do neno. Que xogo máis requete divertido!

    ResponderEliminar
  3. Queridos amigos, llegan los Best Blog Awards y vosotros sois mis elegidos, mis premiados! Espero que continuéis con esta simpática cadena de premios! Os invito a que veáis los pasos a seguir en mi blog!
    Mil besos y enhorabuena por vuestros magníficos trabajos!
    Aquí os dejo el enlace a la entrada en la que os "premio"!

    http://conchandalyalolocooo.blogspot.com.es/2013/05/best-blog-awards.html

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Eva, non sigo as cadeas, pero agradézoche moito que pensaras en min, un biquiño!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir