jueves, 23 de mayo de 2013

Mantiña de restos

Agora xa a vistes en acción, e xa sabedes que está rematada, pero para que vos fagades a idea das dimensións.

manta restos1

manta restos3

Case dá para cubrir unha das camas do cuarto das Tartarouchas, que son de 105cm, en caso de apuro podémola usar como abrigo pola noite perfetamente.

Ten algunhas zonas con combinacións de cores moi bonitas, pero quédome con este tramo final sen dubidalo... hai un anaquiño que case parece unha Noro :P

manta restos2

Quedei moi contenta deste proxecto, a mantiña é gordecha, non se fixo excesivamente longo facela, podía ter rematado antes, pero tampouco estivo mal e é grande abondo para taparnos todos se queremos no sofá.

Así que, por fin, xa está a mantiña de restos rematada.

manta restos 4

Bueno, case.

manta restos5

5 comentarios:

  1. jeje, gústame o caracol... e do revés tamén!!

    ResponderEliminar
  2. Rematada y sin rematar ha quedado preciosa Raquel. Y encima la idea es estupenda, yo llevo tiempo recogiendo restos de aquí y de allá para ver si consigo hacer una. Gracias por la inspiración!

    ResponderEliminar
  3. Son moi agradecidas estas mantas "mestura-todo",animádevos!
    ... ou igual é que a min me vai o caos :D

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir