martes, 28 de mayo de 2013

Mallas asimétricas

Hai cousa dun mes ou así collín nunha tenda unhas camisolas-vestido de punto na sección rebaixada a tres euros, ademáis eran talla XL, pensei que se normalmente usaba a L, agora que peso máis usaría a XL, pero neste caso fallei e quedábanme grandes de máis, pero cando fun á tenda cambialas xa non había nada na sección aquela de tres euros, así que volvín con elas para casa pensando que podía cortarlles e intentar que me valesen... pero entón lembrei esta idea que vin hai tempo.

Ó ser grandes as camisolas dábanme de sobra para facerlle unha malla a cada unha das Tartarouchas, e unha delas tiña mangas tres cuartos que penso que vou utilizar nalgún momento para facerlle outras ó B.

As primeiras que fixen foron as da Z. porque está moi escasa de roupa, foi o mecanismo perfeto para que a L pedise que lle fixese unhas tamén a ela, e en canto as rematei púxoas.

mallas asimétricas

Entón a sorpresa foi coa Z. que dixo que eran uns pantalóns "moi ridículos", que eran raros e non lle gustaban moito (un eufemismo para intentar non ferir sensibilidades). E lembrades aqueles pantalóns de chandal ós que lles fixen remendos con estrelas? Pois eses tampouco os pon porque di que non se poden usar como chandal porque non teñen unha parte de arriba, e poñer unha parte de arriba diferente, "doutra marca sería ridículo". Plof. Así quedei eu, non tanto polo feito en si, senón pola idea que entrou na súa cabeciña e que non veu dende a casa dende logo. O que hai ó seu redor inevitablemente aféctalle. Nós trataremos de compensar como poidamos.

O caso é que a fin de semana animouse, expliqueille que un día alguén podía decidir facelas para vender nas tendas, todo o mundo comezaría a levalas e entón a ninguén lle parecería algo "raro" porque esas cousas só están na nosa cabeza, que non pasaba nada se non lle gustaban e non as quería poñer, e tampouco se quería poñelas porque lle gustaban, só é roupa.

Púxoas, e a súa irmá, que SEMPRE agarda a que se vista a Z. primeiro, chorou un bo rato pedindo por favor a camiseta verde do cadeliño que eu non tiña nin a máis remota idea de cal era nin onde estaba. Á L. este ano pásalle ó reves: ten moitísima roupa. Entre a que ten do ano pasado que aínda lle vale, algunha que nos deron e toda a que lle quedou pequena á Z. e xa lle vale a ela, a roupa non cabe no armario, así que teño unha pouca no armario, outra aínda en caixas, e outra no armario pero no fondo. E alí por fin apareceu a camiseta verde do cadeliño, que resultou ser unha do ano pasado da Z. Queredes ver por que tiña tanto interese na camiseta en cuestión?
irmás asimétricas 1

irmás asimétricas 2

irmás asimétricas 3

Por sorte tiven a idea que facer as mallas coas pernas intercambiadas, e a Z. decatouse enseguida, pero a L. non: "Mamá, a L. di que as mallas son iguais, pero non son porque están ó revés, a que si?"

Un pequeno consolo para unha irmá maior cansa de ser perseguida e copiada.

12 comentarios:

  1. Vaya par... son muy divertidas tus niñas, y están super grandes! Me gusta mucho cómo te han quedado las mallas y ya me he guardado el tutorial por si me animo a hacerle unas a Martina, esta es la típica prenda que se pone una y otra vez. Besos!

    maría

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aquí lo difícil es encontrar tela de punto para las mallas, el resto está chupao, verás :)

      Eliminar
  2. Vou pasar por alto o feito de que es unha artista cosendo e centrarme un pouco na Z. porque me fixeches pensar... Xa o outro día co comentario do chandal sen parte de arriba quedeime pensando... é posible que teñas razón e que ese valor "ridículo" sexa aprendido pero eu tendo a pensar que Z. xa é grande e ten os seus propios valores (quizais o término ridículo si que sexa adoptado do entorno).
    Non sei, deume por pensar que mentres L. sempre foi (palabras túas) tan fashion victim, Z. pode que teña o seu propio esquema mental sobre cousas como simetrías, conxuntos e cores (lembro a conversa, na que penso que tamén participabas ti, sobre as pinzas de colgar a roupa)... "a menudo los hijos se nos parecen", e outras veces parécense a eles mesmos :)
    Seguramente só desbarro. Un biquiño :o*

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mmmmm, entón ti dis que non é algo aprendido, senón que é algo innato? Pois non o pensara así, a verdade. De todos os xeitos a min tanto me ten se as pon ou non as pon, e o mesmo co chandal, se non lle gustan pois non lle gustan, outra cousa é que non queira poñelas aínda que lle gustasen porque sexa algo diferente, e coido que aí si teño que facerlle entender que as cousas poden ser diferentes e estar igual de ben, para que saiba que non deben rirse dela nin ela rirse de ninguén. De feito, en todo o ano non fun quen de que puxera por exemplo mallas ou outra prenda deportiva (algunha vez que os chándals estaban suxos ou mollados) para facer educación física porque "a educación física hai que levar chandal". Unha cousa é que a ela lle guste e outra que a cuadriculen.
      Desbarradora(s) :P

      Eliminar
    2. Supoño que será algo innato/aprendido pero pode ser parte dela, segue a espiala ;)
      En canto ao do chándal... pensa que todos necesitamos seguridade en entornos potencialmente agresivos, se ela está máis cómoda cumprindo esa norma (explícita ou implícita) pode que mereza esa marxe de tranquilidade, xa hai cousas dabondo coas que enfrontarse a diario...
      (Non sei, penso que teño todos os síntomas do síndrome de Estocolmo :D )

      Eliminar
    3. Sempre vai en chandal, e prometo que non dou a chapa, non sufras por ela :D

      Eliminar
  3. Por non buscar o post en que falabas da escola.... déixocho aquí (espero que no che importe)
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/29/padre-logra-colegio-oleiros-deje-poner-deberes/0003_201305G29P6994.htm

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Mimííí, pero xa ves o que pasa, o resto dos pais e nais do cole poñéndoo a caer dun burro, e tendo que cambiar ó neno de colexio :(

      Eliminar
  4. ¡Toma ya qué idea más buena...! Me encanta, Raquel.
    Y sobre lo de la Z. con la ropa yo creo que se está haciendo mayor, que va a ir buscando su camino poco a poco y a pesar de que le parezcan válidos los criterios estéticos que tenga en casa la Z. ha de hacer la suya, va a buscar su propia voz. Y de momento querrá que sea diferente, nadie se quiere vestir como su madre por mucho que le guste. Ahora toca esperar, comprender, aceptar...ella va a ser una gran mujer!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí, claro, Rosa, ya sé que tocará aguantar el estilo que escoja guste o no guste, pero la idea de que una ropa es más ridícula que otra no quiero que la tenga, hace años a nadie se le ocurría vestir unas mallas de rayas a no ser que trabajase como bufón de la corte, hoy es de lo más normal en las piernas de mis hijas,... la ropa es ropa, puede gustar más o menos, pero no es ridícula ni hay que reirse de nadie por la ropa que lleve...
      Sé que va a ser una gran mujer, se ponga lo que se ponga ;)

      Eliminar
  5. Que historia interesante! Ainda que eu non teño opinión sobre o tema, a verdade. Non teño nin idea de como lles pode funcionar a cabeza aos cativos da sua idade...
    Non sabía de onde saíra a táboa do encabezado do blog e agora o vexo. Bonita bonita.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Supoño que só ela sabe como funciona a súa cabeza, e para iso... eu teño a miña dende hai moitos anos e non teño moita idea de como vai :D
      Só trato de facerme unha idea, imaxino que a parte dos seus gustos agora mesmo encaixar no grupo (na clase) será moi importante, e é posible que aínda que as normas sexan implícitas e non explícitas non sexas ben aceptado se levas algo distinto,... pero aceptar a diferencia é importante para min, está ben se non quere levar certa roupa porque non lle gusta ou porque lle fagan algún comentario (que non sei se é o caso), pero é importante que ela non faga ese tipo de comentarios só por encaixar...

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir