jueves, 9 de mayo de 2013

Lectora de blogues

Vós usades algún lector de blogues para seguir as entradas novas? Eu comecei usando bloglines hai moitos anos. Daquela seguía pouquiños, pero bloglines desapareceu (volveu logo dun anos, pero eu xa estaba acomodada, e non sei se segue tendo as mesmas funcións) e perdín algún daqueles polo camiño. Paseime a Google reader, érame moi cómodo porque teño o blog en blogger e a conta de correo en gmail, e non tiña que identificarme máis ca unha vez para todo, pero resulta que agora vai desaparecer e ando a facer mudanza.

Xusto un pouquiño antes de que Google avisara de que ía pechar o seu reader xa me falaran de Bloglovin, de que, ó contrario que pasaba no de google, podes ver os blogues co seu aspecto orixinal, colunas laterais, cabeceira e todo iso, e esa parte gústame. Aínda estou facendo mudanza, e decidín ir ós pouquiños para ir facendo limpeza de blogues inactivos ou que xa non leo. Estou pensando que últimamente ando moi de facer sitio e desfacerme de cousas...

Por certo, din por aí que google quere centrar os seus esforzos en g+ e por iso se vai desfacer do resto de produtos, así que igual en breve nos enteramos de que blogger tamén nos abandona. O certo é que eu veño necesitando dende hai tempo dun blogue que permita facer entradas privadas e/ou semiprivadas ó mesmo tempo ca públicas, así que igual me decido e cámbiome de todas maneiras,... xa veremos.

De momento, por se non tiñades lector de blogues, ou por se o tiñades en google reader pero aínda non vos mudastes podedes seguir ós Tartarouchos en Bloglovin se queredes, a ver que tal vai.

15 comentarios:

  1. Hola. Xa hai tempo que te sigo. Non sei se che escribin algunha vez, pero encántame a túa forma de escribir e de expresarte.
    Coñecinte por algunha das túas labores que tes publicadas.
    Ao principio seguíate co Google Reader, pero desde que anunciaron o peche, busquei outro,e cambieime a Bloglovin, e a verdade, que me gustou o cambio. Asique dicirche que eu sígote xa desde hai uns mesiños dende bloglovin.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois non sabía de ti, pero agora xa sei! Ola! :)

      Eliminar
    2. Hola, jeje.
      Pois tamén teño que dicir, que no google reader, coa historia de que simplemente visualizabas as entradas, non entrabas no blogue, pois tampouco vías os comentarios,e comentar xa era algo máis coñazo porque tiñas que entrar no blogue, e perder máis tempo.
      Quizáis por iso tamén me decidín a escribirche. Asique ahí anoto un punto a favor de bloglovin, porque me estou empezando a animar a comentar nos blogues, pero moi pouquiño a pouco.

      Eliminar
  2. Yo también me he pasado a bloglovin y como dices, me gusta que puedas ver las entradas din perder la estètica del blog... pero no es googlereader... todo no se puede tener

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Yo tardé en darme cuenta de que en esa ventana podía ir pasando de blog en blog con las flechas de la cabecera de bloglovin de la parte superior de la página. Echo de menos poder seleccionar el blog que quiero leer previsualizando la entrada en la misma página, pero supongo que es cuestión de acostumbrarse... y eso que hay una nueva interfaz en beta... cuando me haya acostumbrado me la cambian, seguro.

      Eliminar
  3. Buenas,
    Yo también me pasé a Blogloving pero no me gusta el no poder etiquetar entradas para luego volver sobre ellas, ¿sabéis si Blogloving (yo no lo he visto) u otro gestor de feeds tiene una herramienta similar?

    Gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. en bloglovin yo no he visto etiquetas, pero sí una opción para marcar entradas como favoritas, con el icono de corazón. No sé si te vale, la erdad es que no he indagado mucho y yo tampoco usaba esa función del greader, lo utilizaba meramente como lector.

      Eliminar
  4. Yo tambien soy fan de Bloglovin y te sigo por ahi. Me gusta mucho poder ver como es el blog de cada blogeador(a), ya que para mi forma una parte importante de la blogersonalidad :-)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí, de hecho yo muchos en reader no los veía en él porque no veía el entorno (y con algún otro me pasaba lo contrario, todo hay que decirlo)
      Te sigo también Anne!

      Eliminar
  5. Eu estou empezando a usar outro lector, o Feedly. Co Blogloving probei hai un tempo. Gustábame o de ver os blogs co formato real, pero se me quedaba curto noutras opcións que uso (gardar para ver noutro momento, por exemplo). Unha pena o go GoogleReader. Eu tamén me temo que restrinxirán moitas das aplicacións que teñen...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. apúntome o feedly por se non acaba de convencerme bloglovin, pero o certo é que cada vez dáme máis galvana andar probando cousas ata decidirme.

      Eliminar
  6. Yo también pasé del Google Reader a Feedly y de momento estoy contenta, me gusta el formato y me parece muy cómodo para organizar todo. Besos!

    María

    ResponderEliminar
  7. Pois eu ando todavía con reader, vaime dar mita peniña que se vaia, por que son moitos anos! :( pero fixen conta en feedly, pero nada, non dous soltado amarras, pero mira xa me convenciches para blogovín, vou ver. En canto o do blog, eu recoméndoche wordpress, é software libre, permite facer entradas privadas, ten moitas posibilidades de plantillas e se controlas un chisquiño o poder adaptar totalmente o que ti desexes. Eu emprego wordpress e agora mesmo estou traballando nun pequeno cambio de imaxe. Bueno o dito, unha delicia leerte e sobre todo, ver que os poucos sae o sol e saídes o capiño, eu xa estou empezando a sair a praia despois de tanto temporal! ;)bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eh, que eu non quero convencer a ninguén, non probara este nin probara outros coma o feedly ese, pero a min váleme. Sobre todo gúsame o de ver os blogues como son e poder comentar neles directamente, moitas veces o google reader freábame á hora de comentar, mira ti que parvada,...
      Si, coñezo wordpress, e é unha opción que barallo, de feito fixen unha copia do blogue alí, pero na opción de balde non hai posibilidade de modificar as plantillas e eu non teño dominio propio para usar o software (que ademáis non teño nin idea de como vai)... e dáme mágoa abandonar esta casiña... pero un día vai ter que ser. Se me animo cóntasme máis?
      Que sorte tés coa praia aí na fiestra e a un paso, ains!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir