miércoles, 8 de mayo de 2013

Coxín novo para a trona

Nesa recuperación de fotos que estiven a facer apareceron fotos da Z. de pequechiña, algunhas na trona, a mesma trona pola que despois pasou a L. e agora o B. O certo é que, igual que o carrriño, aínda teñen moita vida por diante porque non tiveron un uso intensivo, a verdade, pero ó ver as fotos de cando era noviña o paso do tempo polo coxín facíase máis ca evidente:

Z na trona

Aquí vedes a Z. na trona recén estreada. Dáme mágoa non saber de que data son as fotos porque a cámara tiña mal a data e ás veces cambiabámoslla e outras non, así que non sei certo de cando é, pero debía andar polos 6 mesiños imaxino porque xa se ten moi ben sentada, aínda que ós 6 meses a tía xa gateaba coma unha tola!

funda vella

 o bies negro

destrozos do tempo

E así era como locía o coxín da trona agora: o cadeliño da etiqueta esa de atrás voara hai tempo; o plástico estaba duro; estaba todo rematado cun bies que non era impermeable coma o resto, e o coxín non se podía lavar ó ser todo de plástico, así que en troques de ser azuliño coma antes era dunha cor indescriptible; nun dos repousabrazos estaba roto e saíalle a escuma,...

Púxenme a mirar a ver se atopaba un coxín para cambialo e só atopei un, vermello, e custaba máis de 35€, así que ocorréuseme que se cadra podía intentar facelo eu. Fun mirar teas e acabei mercando unha tea de hule finiña, é impermeable pero non é tesa nin moi plástica. Había varias pero escollín unha escura pensando en que fose máis sufrida. Para o recheo no canto de escuma usei recheo de fibra, do que vén en placas. É bastante groso e púxeno dobre.

funda nova

O que máis me gustou foi pensar como tiña que facelo, que pezas había de facer e como tiña que ensamblalas para contruir o coxín. O meu non leva bies, fixen un sandwich coas capas do revés e logo deille a volta, unha vez do dereito marquei as costuras que lle dan o relieve e fixen os ollos para pasar as cintas.

Non me esmerei moito no momento de facer as fotos. Non está nada torto, pero non o coloquei ben antes de fotografalo. Aí aínda faltaba por coser unha parte para que collese forma, pero finalmente decidín non facelo porque me pareceu que así era máis sinxelo limpalo (para que vos fagades unha idea non ten forma de silla como o vello, senón forma de cruz, plano en lugar de ser en 3D), e se non aínda estou a tempo de darlle esa última costura en calquera momento.

Os materiais custáronme 15€, sobráronme algúns retallos do hule que podo aproveitar para facer unha bolsiña para a merenda ou algo semellante, e da fibra teño abondo para facer outro coxín se quixera.

B na trona

Escureceráme as fotos ó ser máis escuro, pero quedei toda chea de dalo feito eu soíña e que sexa útil e se vexa máis bonito.

B na trona

E se tendes pensado mercar unha trona buscade unha cun coxín máis barato... ou polo menos máis sinxelo de facer ;)

5 comentarios:

  1. Chulísima pero...discrepo sobre que as cores escuras sexan máis sufridas. Eu estou tola de contenta co sofá branco, é o máis limpo que tiven con diferencia, e agora que teño coche novo con tapicería e alfombras en negro vése sempre emporcallado boto moitísimo de menos o beige do Scénic. Por experiencia, as cores máis claras son moito, moito máis sufridas.
    Cando vexas pegotes de pan babado por ese azul noite cóntasme se é sufrido ;)
    Branco ó poderrrr!

    Cris G

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mmmmm, bueno, eu non teño sofá branco para poder opinar, pero téñoo negro e non se lle ve a merda, e sei que se fose branco estaría sobado como mínimo. Aquí subiron nenas son zapatos, vomitaron, comen cada tarde e non pasou nada. No pan esbaballado seguro que tés razón, pero eu sigo véndome capaz de limpar o pan esbaballado, epro non de quitar unha mancha do pan esbaballado despois de estar tres días pegado... cando xa quitaches o pan e quedou un cerco escuro na tea que non se quita... as miñas cousas brancas-claras sempre rematan sendo así, as túas non?

      Eliminar
  2. Pero é negro e de pel, non de tea. Na pel todo esvara (índa que as migas na pel oscura vense un güevo).

    Un sofá negro de tea é un puto suplicio (dígocho eu que o tiven): As migas ou pelos relocen a un km, vése o po que vai acumulando en brazos, reposacabezas etc e se no verán botas crema no corpo e te sentas queda o cerco branco.

    A maior parte da nosa "merda" do día a día é branca ou case (migas, pó, pel, pelos dos bichos, etc). E para a merda que non é branca (as manchas, dechocolate, vómito, etc) pódeslle dar moita máis caña no lavado a unha tea branca ou clara que a unha de cor.

    As rozadas do calzado dos nenos nótanse moitísimo menos agora no branco que no sofá laranxa. Eu crin que estaba tola por mercalo branco e nunca tan ben elexín algo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Home claro, pero iso xa o teño clarísimo, roupa negra-escura lisa incompatible con pelos. Vantaxes de vivir con animais :P

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir