martes, 21 de mayo de 2013

As mantas son máxicas

Ía titular esta entrada "cousas que quedaron polo camiño" porque hai varias que tiña pensado contar e que non me dá tempo de poñer aquí, pero ó final non son quen de sintetizar así que imos ir poñéndoas aínda que sexa cun par de semanas de atraso.

Estas fotos son dos días 12 e 13, xusto antes de que volvese ser inverno. Decateime de que teño unha "manta estacional", cando se saca do armario, despois de meses e meses alí metida é porque vai sol e a terra non está húmida, así que ten que significar que xa estamos case case no ver´n (aínda que ás veces engánase). Iso pasou nestes días, collemos a mantiña e fomos sentarnos na herba.

Escoitamos e vemos os paxariños (teño que buscar os prismáticos que me regalaran cando fixen a comuñón, son enormes e pesados, pero vése por eles)

A L. sacou fotos

manta 6

manta5

O B. durmiu unha sestiña

B :: 19/52

E logo pasa o de sempre, empezan deitándose e acaban intentando taparse coa mesma manta, e quedando sen espacio, así que fomos por outra manta máis (aínda non vos contara que rematei esta manta, non? É outra das cousas que non me deu tempo de contar, pero remateina, ou máis ben deina por rematada, porque sigo tendo fíos de restos e aínda me queda coser todos aqueles fíos que colgaban).

manta 4

Sabedes cantos humáns hai aí debaixo? Catro! Polo camiño uníusenos o veciño :)

manta 3
manta 9

manta 2

manta 1
L :: 19/52
Eu acabei quedando sen sitio, pero deixéillelo ós grandes e tiven que facer unha foto ó velos por un buratiño :)
maxia
Igual é por esta maxia que teñen que me gustan tanto as mantas :)


3 comentarios:

  1. Ni rematei, ni ná. A disfrutar del sol y de los mochuelos. Los hilos sueltos tambien tienen su encanto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Y tanto que sí, Bárbara :) (me reservo la tarea para saborearla con tiempo en invierno, mientras me tapo cn ella en el sofá... a ver si deja de ser invierno de una vez, por cierto, brrrrr.

      Eliminar
  2. Que fotos tan bonitas y que momento tan tierno. Estoy segura, las mantas son magicas!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir