lunes, 27 de mayo de 2013

21/52

Z :: 21/52

L :: 21/52

B :: 21/52

Z: O sábado deitácheste ás dez da noite e o domingo erguícheste ás dez da mañá. Creo que imos marcar a data coma un día especial no calendario.

L: Quixeches probar cousas novas e ata fuches ti quen pediu probalas: leite quente, pepinillos, espárragos, e o noso postre sen colesterol preferido dos últimos tempos: queixo fresco batido desnatado con noces, mel e canela, e gustouche... pero non tanto como para comelo todo.

B: Pasaches dous días "rabioso", agora tés uns piquiños asomandona encía de abaixo, pero só se notan ó tacto. Igual é certo iso de que algúns bebés están molestos cando lles saen dentes.
Sinto ter que dicirche que de flexibilidade tamén vas igualiño que a túa irmá maior: xustiño.


NOTA: Quería poñer algunha vez as fotos verticais así de grandes, aproveitei hoxe que o eran as tres, que vos parecen?

6 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Cómo consigues semejante manicura en B??? Zoé tiene las uñas a escalones!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois non sei, a verdade, córtollas con cortauñas e a verdade é que de momento tiven sorte cos tres, que as deixan cortar moi ben, déixolles mirar, e se se move moito fago "mira, mira, mira" falando baixiño e funciona coma un mantra :D

      Eliminar
  3. Las fotos son preciosas como cada semana y el formato me parece perfecto para las tomas verticales que a mí siempre me quedan un poco ridículas. Buena semana Tartarouchos!

    ResponderEliminar
  4. Pois sobre o formato das fotos, para velas nun portátil de 13" quédanme un pouquiño grandes. Para velas enteiras fáltanme uns 5 cm. E se reduzo máis o tamaño no navegador, a letra queda demasiado pequena.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir