lunes, 20 de mayo de 2013

20/52

Z :: 20/52

L :: 20/52

B :: 20/52
 
Z: Adiqueime anos e anos a dicirlles ás amigas e coñecidas co cabelo rizado que non o alisaran e agora véxome facendo un intento de alisado despois de que mo pediras insistentemente tantas veces. O cabelo non quedou liso, pero es fácil de contentar e  valeuche unha cara de felicidade. 
 
L: O protagonista total esta semana foi ese lazo. Atopáchelo no parque o día antes, leváchelo para a casa, e ó día seguinte pedíchesme unha coleta co lazo, ou mellor unha trenza. Non deixaches de sorrir, tocalo e dicir canto te encantaba o resto do día. E por suposto tivemos que repetir peiteado.
 
B: Ás veces xa quedas sentado sen axuda, aínda que tardas pouco en caer cara un lado ou cara atrás. Só hai unha excepción: cando estás intentando coller os teus pés.

NOTA: Lembrade que cada semana hai caras b se pinchades nas fotos,... son incapaz de escoller só unha.

2 comentarios:

  1. Que rapido crecen nuestras niñas con sus propias ideas y de como tiene que ser las cosas...

    son guapisimas, tanto con rizos como sin rizos, y con lazos como sin lazos.

    Y el peque esta pa' comerselo!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir