lunes, 13 de mayo de 2013

19/52

Z :: 19/52

L :: 19/52

B :: 19/52

Z: Os días fanse cada vez máis longos e non queres deitarte á hora de sempre porque aínda é día, así que agora xa non espertas polas mañás e aparece o "non quero ir ó cole".
Desexando que chegue o verán. 

L: Hai xa máis dun ano que intentas facer todo o que fai a Z.: agardas a que ela escolla a súa roupa para escoller ti a túa o máis semellante posible, agardas a que decida se toma postre ou non para facer o mesmo, e persíguela por toda a casa sexa o que sexa o que vaia facer, Ela quéixase cada día e ti segues a facelo sen poder evitalo.
 
B: Esta semana estiveches realmente namorado de teu pai, só había que ver as miradas coa boquiña aberta que lle adicabas cada vez que te tiña no colo e os sorrisos cada vez que se cruzaban as vosas miradas.

3 comentarios:

Conta, conta...

Por se queres compartir