lunes, 15 de abril de 2013

Semana branca e negra e 15/52

Durante esta pasada semana estivemos xogando no Flickr a unha semana branca e negra, hai xa tres anos que facemos isto polo menos unha vez ó ano. O branco e negro non é o meu forte, pero gústame intentalo e lembrar como pensaba as fotos cando as sacaba en analóxico coa película sen cor. Desta vez collín fotos de arquivo máis e menos recentes, e como hoxe era o derradeiro día da nosa semana branca e negra e era o día de publicar as fotos do proxecto de retratos pois aproveitei.

Déixovos todas as fotos aquí por se queredes curiosear un pouco.

(57) :: semana branca e negra 1/7

pilas de libros :: semana branca e negra 2/7

cara a luz :: semana branca e negra 3/7

E Vigo ó fondo :: semana branca e negra 4/7

Mirada :: semana branca e negra 5/7

paseando a... :: semana branca e negra 6/7

..................................................................

Z :: 15/52

L :: 15/52

B :: 15/52

Z: O venres pola mañá erguícheste pachucha, notábaseche ben na cara, pero pasaches media mañá insistindo en ir ó cole para facer un marcapáxinas do día do libro como vos dixera a profe. E tívente que levar porque xa estabas coma nova.

L: Tés o pelo longuísimo, a fin de semana puidemos saír xa que parou de chover por fin e non podía parar de mirar eses rizos ó sol e movéndose co vento mentres corrías e rías.
 
B: A billa da ducha dos papás estragouse, ó Moucho non lle importa que saia a auga case fría, eu prefiro ir ó voso baño... e aproveitar para darnos unha ducha-baño os dous xuntos.
(Foto do Moucho)

1 comentario:

  1. Eu tampouco fago branco e negro desde que deixei as fotos analóxicas. Cómo cambiou o proceso...
    Gústame o que transmiten as túas sen cor. Parecen máis detidas no tempo. Esa muralla, esas cortinas...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir