martes, 23 de abril de 2013

Pantalóns estrelados

Esta semana é a Kids Clothes Week, eu véxoas cada vez que pasan estas semanas para facer roupa para os pequenos, e marabíllome e inspírome do que fai a xente, pero non consigo nunca decidirme por que facer. Desta vez píllame descolocada, con esas ganas de facer limpeza (non da de todos os días, senón da limpeza de colocar armarios, ou de emprender misións diferentes) pero totalmente desubicada, cos armarios metade e metade con roupa de inverno e de verán e a casa chea de caixas de roupa a medio baleirar e a medio encher, con ganas de facer moitas cousas e sen tempo e ademáis con esta astenia primaveral que me ataca cada ano en canto sae o sol en serio e que fai que todas as horas que durma me parezan poucas.

Total, que aínda que teño algunhas cousas na cabeza para facer non pensei nelas demasiado a fondo e coido que de novo quedarán para algún día máis adiante, se é que chegan a materializarse. Pero onte si fixen algo.

Unha veciña deunos algo de roupa a semana pasada. Entre ela había uns pantalóns de chándal cos xeonllos algo sobados, pero o resto do pantalón perfetamente poñible, xa sabedes como vai o dos xeonllos e os nenos, non? Pois iso. Decidín poñerlle uns remendos para tapar esa parte e veume a inspiración.

O pantalón ten unhas estrelas superpostas estampadas por diante e nun pequeno peto por atrás e xusto atopei entre as miñas prendas de refugallo un anaco dunha camiseta amarela e un polo branco manchados de pintura que me dera a amiga Cris, e no lote da veciña viña ademáis outro pantalón tamén manchado de pintura por debaixo do xeonllo e que solucionei meténdolle as tesoiras e convertíndoos nunhas bermudas, así que tiña esa parte de abaixo do pantalón rosa, xusto as tres cores que levaban as estrelas do pantalón.

Pantalón estrelado

Pantalón estrelado e restos

O único que fixen diferente desta vez foi que en lugar de coser os remendos á man descosín a costura interior de ambalas dúas pernas, cosín á maquina as estrelas, e volvín coser a costura das pernas. Non quedou moi ben porque a tea é moi elástica e "voleou" ó cosela, pero por iso tiven a precaución de facelo pola costura interior. Seguen a ser moito máis poñibles ca antes e ademáis deixa a unha satisfeita amañar unha prenda de roupa con cousas que tés pola casa (e xustificar algunha desas acumulacións compulsivas :D)

A ver se me animo a facer algo máis nesta semana, aínda que sexa todo remendar.

NOTA: E hoxe é o día do libro... quedaránnos días libres esta semana? ;)

6 comentarios:

  1. Te han quedado genial. Yo no me animo a hacer apaños, me imponen.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O truco está en facer apaños en roupa inservible para comezar sen que dea medo, e se pode ser das peques, que sempre lles queda todo ben, pois mellor ;)

      Eliminar
  2. Por cierto, genial la frase del otro día. "Ésta casa está lo suficientemente limpia para estar sanos y lo suficientemente sucia para ser feliz". Me la apunto!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. xa sabes, na entrada da casa e ben visible :D

      Eliminar
    2. Ya me gustaría pero me da que mi suegro me miraría peor xD

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir