viernes, 26 de abril de 2013

Outros parches

Seguindo na liña do día anterior, e seguindo tamén coa roupa a reutilizar da veciña. Deunos uns pantalóns brancos que tiñan tamén manchas nos xeonllos (na foto non se aprecia moi ben, pero na relidade notábase máis porque ademáis estaban máis sobados)

pantalón antes

Así que, seguindo coa miña pouca orixinalidade e coa lóxica aplicada, se ós pantalóns con estrelas lles puxemos unhas estrelas, ós pantalóns con arco da vella porémoslles uns arcos da vella, non?

Rebuscamos entre as pilas de roupa para reciclar teas de punto de camiseta nas cores que ten o elástico da cintura...

pila para reciclar

e tachán!
pantalón presentado

Fun cosendo tiras de catro centímetros de ancho sobre a tea azul escura cun zig-zag. Logo usei unhas rodilleiras (xeonlleiras?) desas de pegar que tiña na casa como plantilla e recortei aproximadamente cun centímetro máis de marxe. Descosín a costura interior dos pantalóns igual que o día anterior e cosín os parches á máquina primeiro cun zig-zag case plano (o meu truco para coser teas de punto sen que rompa o pespunte cando estiran) e logo non me entusiasmaba como quedaba, así que paseille un zigzag rematando todo ó redor.

Onte pola mañá iamos tarde ó cole, así que só me deu tempo de facer esta foto xa con eles postos na (re)estrea

remendos arco da vella

Pola tarde en canto entrou pola porta da casa foi directa a cambiar a roupa por algo curto para a calor, así que tampouco me deu tempo a facerlles foto, pero o Moucho si que a pillou co móbil (e unha postura rara a medio saltar e coa L. agachada atrás dela, védela?

pantalón despois (remendos arco da vella)

Non traballei unha hora por día, pero xa fixen unha cousiña máis, e aínda queda a finde por diante... boa fin de semana a tod@s! (e que non nos abandone de todo a primavera, por favor!)


3 comentarios:

  1. Pues con sólo una hora al día has llenado el armario de Z. de color y de estrellas, ¡bien por ti! Tienes unas ideas muuuuuy buenas, me encanta!

    ResponderEliminar
  2. Encantáronme as reciclaxes-aproveitamentos!! tes umhas mans neninhaaaa :D

    Moitos biquinhos,
    muuas!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir