miércoles, 10 de abril de 2013

Emprendedoras

Este é o ano das emprendedoras, teño a sorte de ter unhas amigas super especiais e aínda estou fascinada pola súa enerxía, pola creatividade, polo arranque, hoxe vouvos falar delas e dos seus proxectos porque son xentiña especial para min e porque os seus emprendementos tamén son especiais, veredes.

logo_despensa_baja

Rosana coa axuda de Mari embarcouse na creación dunha tenda de barrio, con froitas e verduras, con produtos de agricultura ecolóxica e comercio local e produtos especiais galegos: coñecedes as conservas Artemar, ou a cervexa Menduiña, as Maruxas de nata, e os Wood Models, os oviños das pitas de Lar do Acivro? Todos todiños da terra e todos e máis ca estes están en A despensa do avó Francisco.

Tiveron unha inauguración chulísima animada por Mimadriña e agora que están xa en marcha teñen un sorteo para os clientes así que anímovos a que vos pasedes polo blogue e máis aínda pola tenda e que descubrades a boa xentiña que atende esa despensa.


bolboreta calceta

Logo está a amiga Cris, que decidiu poñerse a calcetar para outros e facer que o que saia das súas agullas chegue a outras casas. Así naceu Bolboreta Calceta, para tecer con fío de calidade prendas amorosiñas e feitas con agarimo e con coidado. E como está de estrea ten tamén un sorteo no seu blogue, ide ver que cousiñas xeitosas ten preparadas.


aivou

E logo está a miña queridiña Aivou, que sulcou os mares para ir vivir nunha illa durante tres meses.  A máis emprendedora de todas por ir contracorrente, por facer un módulo de fp case por casualidade e acabar facendo as práticas en Irlanda cunha beca, ós seus 41, casada e con dous fillos. Aivou non sortea nada, pero alédame tanto tela coñecido e que se animara a vivir esta empresa que tiña que compartila convosco, só que se atrevera xa mereceu moito a pena, e aínda por riba comparte connosco pensamentos en Aivou en Dublín.

Pola derradeira estamos a agardar para poder contárvolo, pero só que saibades que Sabela, outra das miñas bruxiñas, a mesma que leva a súa familia de aventuras nos Mochiliñas, a que vai ir a Ucraína mercar, cos cartos que se recadaron coa Cestiña de cores, o que necesitan os nenos e nenas do orfanato de Vorzel, ós que coñeceron na súa aventura anterior levándolles material escolar coas Mochiliñas de cores. Esa, que xa vedes que é unha grande emprendedora, ten outra empresa máis en marcha, pero estáse a retrasar un pouco, así que aínda non podo falarvos dela, pero non quería deixar de mencionala porque tamén estou ilusionada co seu proxecto.

Pero o mellor de todo sabedes que é? Que a todas estas mulleres especiais, coñecinas a través da maternidade, así que, ademáis de darme o que dende entón é o máis importante da miña vida: os meus fillos, a miña familia, a maternidade uniume tamén a estoutras persoas fantásticas. Dende logo que a maternidade é algo importante, va que si?


13 comentarios:

  1. Aiiiii Raquel. Que palabras máis chulas e emocionantes!
    Ti si que es emprendedora, abonda con seguir o blog dos Tartarouchos para coñecer a túa traxectoria como fantástica muller emprendedora. Parabéns!!

    Aí vai unha primicia: esta noite sairemos rumbo a Ucraína para "investir" eses 1020€ que nos axudastes a conseguir. Mercaremos comida, pañais, deterxente... e o que precisen os neniños e neniñas do orfanato de Vorzel'.

    Non sabes canto axudan as túas palabras a que iniciemos esa aventura con máis ilusión ca outra cousa!!!

    GRAZAS!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Así que andabas acomodando, acomodando... algo era ;)
      Voa viaxe e que cundan moito os cartiños :o*
      E grazas por ser como sodes

      Eliminar
    2. Canto agradezo a vosa viaxe agora que vimos o resultado, Sabela, sodes especiais :)

      Eliminar
  2. Pois a min tocoume a fibra sensible esta entrada... ou será a cebola eco da tenda que fai chorar máis ca outra jajaja.... non sei estou tan orgullosa da miña tribu!!!
    un feixe de bicos
    rosana

    ResponderEliminar
  3. Como non vai tocar a fibra, como non sei vai sentir unha orgullosa das suas amigas e de todo o que a maternidade nos trouxo... Grazas Raquel por ser como eres un bico moi forte.
    Mari

    ResponderEliminar
  4. O certo é que tecimos unha curiosa rede :). Eu síntome a menos emprendedora con diferencia, de feito esto é como unha aventura de mentira, pero gústame a túa percepción :)
    Bicos para todas as emprendedoras, Tartatuga incluida, por supuesto.
    Vou ter que ir pensando que sortear :D, terá que ser algo irlandés, of course ;D
    Graciñas Raquel :o***

    ResponderEliminar
  5. Ains... a mi tambien me parece que la maternidad me ha regalado muchas cosas además de a mi cachorrito.
    Ahora, por ejemplo, cada día cuando llego al cole después del trabajo y saludo a los papás y tomamos siempre, unos cuantos, un tentempie bajo el árbol del camino, sin prisas... me sirve para desahogar tooooooda la energía negativa que me traigo del curro y recargarme de nuevo...

    ResponderEliminar
  6. Voume dar un paseo por esa lista de emprendedoras! Non supoñía que había xente tan cerca percorrendo camiños tan interesantes...
    Parabéns a todas! E moita sorte!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir