miércoles, 17 de abril de 2013

As tarefas da casa

Non me gustan. Seguro que xa o sabedes porque sempre estou a desculpar o desorde, pero a realidade é que prefiro facer outras cousas e deixar esas en servizos mínimos, e este concepto varía moito segundo a persoa, pero eu estou cosendo nesa media horiña libre en troques de facer desaparecer as pelusas, na nosa entrada hai un cartel, agasallo de amigos, que a outra persoa podía parecerlle mal, pero que se dá a casualidade de que cando o trouxeron, e sen que eu lles dixera nada, estaba a preparar un coa mesma frase en galego para imprimilo, di así:
"Esta casa está lo suficientemente limpia para estar sano, y lo suficientemente sucia para ser feliz"
É así, tal cual.

Con iso e todo, hai certos mínimos que cumplir, que para min son comida e roupa. Así que das coladas por exemplo, non me libra ninguén, e coa familia en aumento as lavadoras non van a menos (planchar xa sabedes que non se fai, só uso a prancha dende hai uns anos para pasarlle ás teas que coso, pero non para a roupa).

O caso é que hai tempo vira un vídeo dunha amiga dos veráns que agora vive en Canadá e que estaba en francés (polo que non entendín nin papa) pero no que ademáis da súa familia saía outra na que eran moitos fillos e saían doblando e gardando a roupa nos armarios, a ver se consigo atopalo.

É difícil, verdade? Pensar en deixar que un neno ou nena de catro anos doble e garde a roupa no armario sen que haxa un caos... coido que por isto e pola falta de tempo moitas veces non deixamos que fagan cousas. Sabemos que non van quedar "ben" como se as fixeramos nós, vailles levar moito máis tempo e despois, nalgún momento máis tarde ou máis cedo, imos ter que meter man nós de novo. Pero coido que aí está a clave para aprender. Logo de súpeto un día parécenos que son moi grandes para que lles fagamos certas cousas e pretendemos que o fagan xa. Moitas veces teño a sensación de que malentendemos a autonomía e a independencia: esixímosllela ós bebés (para que se relacionen con outros sen a nosa presencia, para que fagan cousas sós cando non están preparados) e logo levámoslles un vaso de auga e un bocadillo mentres están sentados no sofá vendo a tele con nove anos... ou quen di iso di calquera outra cousa.

Eu trato de deixarlles facer cando teñen interese nalgo, ás veces pódenme as presas, pero outras déixolles facer, e intento que cada vez sexan máis cousas as que fagan elas e que as tarefas da casa sexan realmente de todos e todas na casa.

(As fotos son todas do mes pasado xa)

Colocando a louza limpa:

lavalouzas1

lavalouzas2

Cociñando:

cociñar 1

cociñar 3

cociñar 2

Aspirando:


aspirar

Fregando:

L fregando


Como é normal a L. ó estar máis tempo na casa, e pola idade na que está, ten máis interese por estas cousas, pero algo que non fixo nunca súa irmá e que a ela agora mesmo encántalle é colocar a roupa. Ás veces temos unha tina de roupa (ou dúas) sen colocar e ela está a preguntar seguido: "Mamá, non hai que colocar a roupa? Imos agora?"

colocar roupa 3

colocar roupa 4

colocar roupa 5

colocar roupa 2

Hai moito que sabe doblar os calcetíns, e síntese toda fachendosa cando lle quedan ben.

doblar 2
(para que se vexa que é certo, nótese como doblamos e colocamos a roupa perfetamente axeitadas ás 12:49 segundo os datos exif da foto, coa cama sen facer e a saba non pranchada ;P)

doblar 1
Últimamente quixo aprender a doblar tamén outra roupa...
doblar 4
doblar 3
doblar 5
doblar 6
Colocar a roupa en cadanseu armario é tarefa de cada unha tamén dende hai un tempo. Non me engano, sei que as tarefas molan durante un tempo, cando son novidades e son interesantes e non se convirten en obrigas aburridas, pero tamén son importantes.
Ademáis son unha persoa pouco rutinaria, pero son consciente de que a vida nos vai empurrando cara unha certa orde (os horarios dos coles e os traballos, facer a comida antes do xantar,...), así que temos que atopar a nosa,... a ver se tendes trucos! :)

Eu agardo ter máis presente cando me entren as presas que tamén ós grandes nos saen as cousas "mal" con toda a prática que temos enriba.

cociñar 4

cociñar 6 (chof)

Ás veces penso que os límites de idade-perigosidade son diferentes para cada un de nós en cada tarefa, e paréceme unha das cuestións complicadas desta primeira etapa da maternidade. O outro día a L. correu diante miña á volta do parque, vina pararse no paso de peóns, pero non parou coma sempre, mirou ós dous lados e logo cruzou correndo ata chegar á casa. Cando cheguei á porta onde me agardaba díxenlle: - E ti como cruzas así?
E ela respostoume: - Mirando
-... tés razón, fixéchelo ben, pero prefiro que agardes por min para cruzar e vaiamos xuntas.
Eu lembro ir soa ó colexio con nove anos, e para quen pense que antes era menos perigoso, tamén lembro pararnos a mirar as xiringas nos sitios do camiño que sabiamos que as había. A Z. ten sete e a min dáme medo que cruce a rúa se eu non estou mirando,...

Teño curiosidade, vós como levades estas cousas? A autonomía dentro e fora da casa, os rangos de idade para segundo que acción,... compartimos?

NOTA: atopei o vídeo da miña amiga Rosana, a que ten unha familia linda? Iso si, sigo sen ter nin idea do que din.


8 comentarios:

  1. Siempre he disfrutado de ver el equipo de tartarouchos haciendo cosas de la casa con vosotros, hacer pan, bañar a B., pintar paredes blancas o hacer croquetas...¡esas maravillosas croquetas que salen de las manos de la Z.!
    Ya no tengo niños, pero cuando eran pequeños fuimos un equipo y fue muy divertido, una fuente de experiencias diarias. Muchos momentos compartidos mientras hacíamos las tareas de casa son ahora muy especiales para mi y sé que también lo son para ellos.
    ¡Magníficas esas tartarouchas hábiles y colaboradoras! Un beso

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Rosa, da gusto oirlo de alguien que ya ha pasado esta etapa :)

      Eliminar
  2. Estes días lembreime do teu azulexo, necesito un igual para miña casa.

    Encantoume ver a L dobrando a roupa, toda unha experta. As tarefas domésticas son momentos estupendos para compartir cos nen@s, aínda que eu solo as comparto en vacacións ou fins de semana pois a presa, os horarios e a pouca paciencia me mata, entón o que para min é imprescindible o fago pola maña cando están no cole. Intentarei recordar este post todos os días e tomarme as cousas con mais relaxación.
    Mari

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero eu penso que o lóxico é facelo así, eu podo facer máis porque está a L na casa, pero tampouco quero que deixen de ter a súa responsabilidade porque non están, por iso a roupa, aínda que me custe máis, déixolla á Z enriba da cama para que a coloque ela. Coa cama gustaríame comezar tamén en breve, o problema é que ó compartir, sei que vai haber problema se a L se nega a facela cando lle toque a ela...
      Así, a pouquiños, un biquiño!

      Eliminar
  3. Eu non podo tampouco aportar experiencias con nenos ou nenas. Só que recordo facer as tarefas de pequena con naturalidade e me alegro de ter aprendido cedo. E o mesmo meu irmán. Non podo decir o mesmo de outros homes que teño arredor, para os que encargarse da casa non foi un hábito adquirido na infancia, polo que de adultos lles resulta moito máis alleo...
    Gústame a reflexión sobre a subxectividade da limpeza e coidado fo fogar. Eu lle dou moitas voltas a isto tamén. Coma ti, paréceme moito mellor adicar o tempo a actividades máis creativas e productivas. Pero moitas veces non me libro da culpabilidade.
    Gústame que recoñezas con tanta normalidade que non planchas a roupa. Desde cando planchar se converteu nunha actividade diaria imprescindible? Coñezo moita xente que o fai e nunca o entendín...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aínda falei disto onte coa veciña, para min a clave está en pensar por que limpo. Eu limpo para que a miña casa sexa hixiénica, para non coller unha enfermidade, non para que pareza dunha revista, non penso pasar nunca un trapo polo lavabo despois de usalo para que non queden pingas... e sei máis dun caso que fan isto.
      O da prancha... é certo que nós non usamos roupa que necesite ser pranchada, camisas, por exemplo, pero faime gracia porque hai tempo que me decatei de que cando sae o tema nunha conversa e eu "confeso" que non prancho, a xente normalmente pasa de mirarme ós ollos a mirarme a roupa. Seguro que nese momento se lles ten que acender un chip: "Pois non se nota tanto se non me decatara..." o que non sei é se fan o seguinte razoamento: "Igual podo pranchar menos". E bueno, iso si, igual a min me leva algo máis tender a roupa porque vou estirándoa ben ó sacala da lavadora...

      Eliminar
  4. Que difícil para mí, tener tanta paciencia. Mi hijo pequeño, no ya tan pequeño, es muy colaborador, pero acaba tan rápido para hacer más cosas, que luego tengo que ir detrás para arreglar el desarreglo. Mi hija mayor sólo colabora si recibe algo acambio, nunca ha sido colaboradora, a no ser que no haya más remedio.
    Me ha hecho mucha gracia leer tu post de esta semana, para mí ha sido una semana dura, en la que las tereas de la casa me han hecho desbordarme en muchos momentos. Por cierto, me encanta la idea del cartel, me voy a hacer uno igual.
    Susana

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bueno, Susana, si es pequeño para que no pueda hacerlas mejor, cuando crezca podrás pedirle que las haga bien... y tampoco pasa nada si la mayoría no están perfectas. Yo sé que no va a ser fácil, pero me gustaría que entendiesen que no es que "ayuden" es que las tareas son tan suyas como mías, si dejan su ropa sucia tirada en el suelo yo no voy a recogerla, cuando quieran ponerla no la tendrán, más adelante les pediré que pongan ellas alguna lavadora también. Si tienen su ropa en la cama sin colocar se irá acumulando, yo no se la colocaré, si no hacen la cama dormirán en ella sin hacer... sé que no será fácil, pero quiero intentar que no piensen que no pasa nada si no hacen algo porque alguien irá detrás a arreglarlo.

      Por lo menos lo vamos intentando :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir