domingo, 7 de abril de 2013

Adeus azul, adeus laranxa

Está, fixémolo. Xa vos dariades conta despois da foto da Z. que puxen onte... pintamos!

Bueno, digo mal, pintou o avó Tito, veu con todos os seus bártulos e traballou moito e deixounos o salón, a entrada, o cuarto do ordenador e o teito da cociña coma novos. As pequenas axudaron a ratos e o Moucho e máis eu fixemos escolla de entre todas as cousas que tiñamos nas estanterías e mobles do cuarto do ordenador... a loita contra Dióxenes sempre é complicada, pero pechei os ollos e tirei ó lixo pósters que enfeitaban o meu cuarto de estudiante, folletos e papeliños "de recordo" dalgunha viaxe, papeis de sugus que agardei un tempo atrás coa intención de forrar unha carpeta,... (vale, estes aínda non os tirei, non llo digades a ninguén, shhhhhh)

caixa

de sugus
Polo menos a caixa é bonita. Fora un agasallo da nai da miña curmá Paula, coa que pasaba os veráns cando era pequena. Un día escoitei nalgures que había dous tipos de acumuladores: os que recollen cousas do lixo e os que non son quen de desfacerse das cousas que teñen. Eu son un pouco deses segundos, pero intento "curarme". Aínda lembro con claridade outra destas limpezas na que tirei unha pequena colección de bonobuses rematados (lembrádesvos dos bonobuses aqueles de "ticar"?) e de tarxetas telefónicas das de usar para falar nas cabinas... hoxe case se extinguiron as cabinas, estou tratando de localizar algunha mentalmente e non son quen. Os bonobuses e máis as tarxetas estaban gardadas nunhas caixas de cartón nas que viñeran unhas tazas de almorzo de Onda Cero que lle deran a meu pai de agasallo por ir falar na radio cando eu aínda facía BUP. Así é o meu mal. Por sorte o Moucho non lle pasa coma a min e axúdame a desfacerme de cousas inservibles ós poucos. A taza aínda a temos en uso. ;)
Se fose hoxe teríalles feito unha foto antes polo menos, así paso de acumuladora física a acumuladora dixital, pero polo menos iso non ocupa espacio físico.

Por iso quixen facer unhas fotos do antes, o durante e o despois. Aí as van.

{Antes}
{antes} co avó
{antes} o caos
(tranquilos, non estoupou nada, nin pasou un tornado, é o estado natural da nosa casa, eu nin sequera son consciente ata que o vexo nas fotos :D)
{antes}

{Durante}

{durante} 1

{durante} caos

{durante} 2

{durante} 3

{durante} 4

{durante} 5

{durante} 6

{durante} 7

{durante} 8

Algunha vez, falando de pinturas e estas cousas, alguén me recomendara pintar todo de branco, e eu lembro terlle respostado que non me gustaba todo branco porque me lembraba ós pisos de estudiantes, cando chegabas, estaba todo baleiro e impersonal, non podías facer furados nas paredes, e había ese eco que facía reberberar a túa voz pola falta de mobles,... e dixéranme: Pero iso é porque non está decorado, pero o branco decorado é precioso.
Aí estaba a clave, en encher o branco. A diferencia entre unha parede branca e unha de cor é que as cores visten ás paredes por si mesmas, non é necesario poñer nada nelas para que se vexa que vive xente na casa, a mesma cor é unha maneira de personalizar a parede. O branco pola contra é coma un baleiro, brillante, luminoso, pero que necesita que o vistas, ou polo menos esa é a sensación que teño eu.

{Despois}

Tiña medo de que esas fotos brancas e luminosas xa non quedasen ben nunha parede tamén branca, pero seguen a gustarme, cun aire totalmente diferente.

{despois} branco sobre branco2

{despois} branco sobre branco

A fiestra segue a ser un cadro de luz.

{despois} fiestra

E agora vense as cousas que hai nos mobles, a parede xa non é aprotagonista, sono as demáis cousas.

{despois} luz

O que significa que gañei unha parede enteira para encher con fotos. Só hai un pequeno problema que teño que resolver antes: o avó Tito, pintor oficial, "recomendoume" que non volvese usar blu-tac (a plastilina esa azul) para pegar as postais na parede a vez anterior que pintou as paredes brancas, porque ó quitalas arrincaba a pintura e tivo que emplastecer cada minúsculo anaquiño sen pintura antes de volver pintar por riba, así que fareille caso; e ademáis non me gusta facer furados na parede,... así que ata que decida que fotos e de que maneira quero poñelas na parede témome que vai pasar un tempiño.

{despois} parede a encher

So hai un pequeno fallo no branco, que é branco, ese azul escurísimo pasou oito anos connosco, con dúas pequenas pintoras, e non necesitou repaso ningún porque non se vían as manchas nin se sobaba nin nada, o branco é un pelín máis complicado, pero teño que dicir que ten dúas cousas que me gustaron moito: a textura da parede, porque a pintura é satinada e parede que sempre estea fresca, con ese medio brillo, e ademáis seica é antihumidade e lavable. 

Vaia rollo para contar que pintamos un par de cuartos de branco, non? 

Total, a conclusión é que me gusta, e que ás veces, aínda que dea medo, está ben facer cambios. 

{despois} co avó

Grazas polo traballo, avó Tito :)

9 comentarios:

  1. Me encanta leer tus entradas ¡son una joya de reportajes!. Me encanta el cambio,aunque el azul me gustaba también un montón pero... entiendo que después de 8 años ya estuvierais cansados del color.
    Se nota que tu casa es una casa alegre y donde todos disfrutais mucho. Normal que pueda haber papeles, pinturas, juguetes por todos los lados. ¡¡¡QUÉ TRISTE!!! el ¡no pongas las pinturas en la mesita baja que se ensucia!etc, etc. Te lo digo por experiencia propia.Las cosas son para disfrutarlas y con nadie mejor que con los niños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro, a diferencia está en recoller ó rematar a actividade que se faga... e a min nunca me compensa :P

      Eliminar
  2. Que sorte ter o pintor tan a man e tan disposto!
    A min gústame moito o cambio que fixestes. Tamén teño na casa algunhas paredes de cores fortes e teño ganas de desfacerme delas. Os cambios parece que relaxan a mirada, non si?
    E gústame tamén ver unha casa onde se ven as pegadas da xente que vive nela, porque xa estou empezando a pensar que a miña é a máis chea de cousas e a máis desordenada (sobre todo tendo en conta que non teño fillos). Me pregunto como fan os demáis...
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois sospeito que, ou apenas viven nela ou pasan a maior parte do tempo a ordenalas mentres nós adicamos a maior parte do tempo no contrario :D

      Unha sorte o pintor, si, moi de agradecer :) E agora que teño feito o cambio véxoo claro

      Eliminar
  3. oHHHH, dicirte que eu son unha namorada do branco, quen me coñece ben sabe que a donde vou pinto todo de branco, marcos das ventas e portas si fai falta! Tamén dicirte que e estaba namorada do teu azul mar cartulina e que dicir dese azul cheo de estreliñas, é precioso. Bueno, o gran, este é o meu consello, fai o que che pete con él: se so vas pegar postais e fotos sen marco emprega un chisquiño de celo de dobre cara, vaia xenial! Se vas pegar marcos que pesan pouco o que fixen eu foi o seguinte, nesa parede de fotos que tanto che gusta: merquei tiras de pegar, desas que se utilizan para pechar cojíns,non recordo como se chama, que teñén un algodoncillo por un lado e por outro un Crrrrruuuuj, pois ben, pegas un na parede e outro no marco e despois pegas o cadro na parede! Non fai boquete e te permite que cando te aburres dunha foto nun lugar, quítalos e pegas noutro que tamén teña ese aaahhhhhh velcro! Listo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Uis, iso penso que vai colar menos que a plastilina aquela... pero é unha ideaza! Eu creo que meu pai prefire que faga 10 furados a que pegue 20 cousas na parede, e mentres sexa o pintor case que lle vou facer caso... pero iso non vai evitar que poña a miña parede de fotos, verás!

      Eliminar
  4. ¡Quedó precioso, todo lleno de luz! Y tus fotos se ven bonitas en esa pared tan blanca. También tengo una pared roja en la cocina y me has convencido, la voy a pintar de blanco luminoso! Un beso.

    ResponderEliminar
  5. Precioso!!! Como cambia la cosa con el blanco!!
    Aquí estamos en proceso también, poco a poco voy convenciendo a Alber de ir poniendo alguna pared blanca (hace un par de meses conseguí la primera pared en los más de 10 años que vivimos aquí!)...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir