lunes, 22 de abril de 2013

16/52

Z :: 16/52

L :: 16/52

B :: 16/52

Z: Pensei que cando houbera máis luz tería máis oportunidades de facerche fotos, pero non é así, saímos todas as tardes co veciño... pero sen a cámara. Por sorte había estas do baño, exercendo de irmá-mamá preocupada e coidadosa.

L: Fomos á feira, pero ó parecer madrugamos moito máis que os feirantes: almorzamos fora lendo o xornal e aínda así era cedo, así que tiveches a sorte de estar nun parque "novo" máis dunha hora ti soa ata case o final. Es seria, pero esa mañá sorriches seguido.

B: Por fin parou de chover, unha semana enteiriña de sol na que saímos a diario, ás veces na bandoleira e outras no carriño. Sempre durmes máis cando saímos de paseo e, debe ser outra desas características familiares que negamos cada un de nós, non pechas totalmente os ollos :)

NOTA: Hoxe é o día da Terra, pensastes nalgún favor para facerlle? :)

8 comentarios:

  1. Qué bonitas! La foto del columpio es de revista!
    Me chifla ver a Z bañando a B! Que por cierto está bien bolechiño y precioso!
    Y sí, lo reconozco, yo nunca he cerrado del todo los ojos para dormir. Mucha gente me ha hecho saber la grima que les da verme dormr así, y mis niños han heredado de mi eso también...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu díxenllo ó Moucho moitas veces, ata que un día me dixo que eu tamén o facía... é unha desas cousas que non nos gusta recoñecer en nós mesmos, como a de roncar :D

      Eliminar
  2. I love the photo on the tree swing! Me encanta tus photos.

    ResponderEliminar
  3. The light in the second photo is just stunning, one of my favourites:)

    ResponderEliminar
  4. Precious images of these beautiful siblings. There is a tenderness to all three portraits that I love! Belinda x

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir