lunes, 8 de abril de 2013

14/52

Z :: 14/52

L :: 14/52

B :: 14/42

Tartarouchos :: 3/12
Z: Conteiche que cando ti eras un bebé foramos a esta mesma praia e recolleramos moitas pedras de cores para facer un debuxo con elas. Emocionácheste e non querías marchar porque non parabas de recoller cristais e tixolos pulidos polo mar e as areas. Cando chegamos a casa, envolto na toalla había un cu de botella que meteras ás agachadas.

L: O tempo medio que dura un dos teus cepillados debe andar polos 15 minutos. Non hai maneira de convencerte de que é abondo con menos se se fai ben.
B: O xoves xirácheste no sofá tentando coller a este pirata, collín a cámara e... sigo agardando a que o repitas.

Tartarouchos: Fotos grazas á Tía Rita, despois de xogar no parque de Cangas.

PD: algunha ten cara b se pinchades nela ;)

3 comentarios:

  1. Pois eu boto de menos o de coller cristais e pedras pulidas da praia. As da cidade están tan limpas sempre que non se atopa case nada...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois xa sabes, márcate unha excursionciña, eu esta non lembro como se chama, pero está na "cidade" de Cangas do Morrazo, xunto á vella conserveira, e vaise andando :)

      Eliminar
  2. Raquel, esta serie de 52 semanas que estás haciendo este año siempre me emociona. Por las imágenes desde luego, pero tus palabras... mmmm.
    Me encanta.
    Cuánto amor.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir