sábado, 6 de abril de 2013

13/52

Esta semana con algo máis de retraso por razóns varias, pero aquí están, non quero perder o ritmo.

Z :: 13/52

B :: 13/52

L :: 13/52

Z: Veu o avó Tito pintar e ti botácheslle unha boa man xunto coa túa irmá.

L: Pasaches todo o outono e o inverno dicindo que querías ir á praia cada vez que saía unha raiola de sol. O outro día saiu unha raiola de sol e fomos á praia. Acabaches así, a pesar das miradas do resto da xente na praia que trataba de soportar o vento metida nos plumíferos.

B: Na casa da avoa Olga ía calor. Na casa de tía Rita e Madro unha pouca menos, pero tamén ía calor,... vai ser que na nosa casa vai frío.
Intentas coller as cousas coas túas mauiñas, xa consegues dirixilas cara onde ti queres e rozalas cos dedos, ás veces ata as agarras, pero aínda non as controlas demasiado.

5 comentarios:

  1. Boh, o pincho comeuse o meu comentario :(
    Intentarei repetilo:
    A Z. só lle falta unha escafandra e aos nudistas eses fátalles (ou sóbralles) todo ;)
    O Mouchino está chulísimo :)

    ResponderEliminar
  2. B: Por algún motivo (que yo desconozco) la tia Rita siempre es "la TIA Rita" mientras que yo soy solo Madro sin embargo, no lo dudes, yo también te quiero.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. jejeje, sabes que precisamente hoy cuando lo escribía pensé esto mismo?

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir