miércoles, 13 de marzo de 2013

En imaxes (e palabras) II

acristalado
 reflexo

o rei da casa

pitas
pitas

cara a
cara b

chove

ovos

Oli

raias

raias

Tivemos unha especie de obra na casa. Eu descubrín un patrón perfetamente recoñecible en min cando hai cambios: primeiro négoos con rotundidade (normalmente durante moito moito tempo), logo comezo a cuestionalos e cando decido que si é dun momento para outro, e téñense que facer XA porque me sinto inusitadamente entusiasmada, abandónome. Desta vez tamén pasou. 
Agora estou leda co cambio, seguen estando os peros: un cristal tan enorme e tan a man (tamén das mans pequenas) nunha casa onde os cristais se limpan tan pouco... Pero nótase  diferencia de temperatura, logo cumpre o seu cometido... e ademáis queda moito máis bonito e imos aforrar o estrés dos primeiros meses de movemento co pequeno B. e as escaleiras porque en situacións especiais pódese pechar o paso. E ademáis véxome reflectida dende "o meu" sitio no sofá :)
A porta foi inaugurada cun aplastamento de bolsa de patacas da Z. e un aplastamento de nariz da L. Galla segue sen saber que extrana forza lle impide o paso a pesar dos debuxos indicativos que colocamos despois das inauguracións.

As pitas pasan o tempo que chove pegadas ó noso cristal, cotilleándonos. Gústame ver as súas cabeciñas asomando, son graciosas... aínda que non é tan gracioso o aspecto do mini-porche... xa vos imaxinades.

Non sei que pasará no resto das casas, na nosa o chan sempre ten un aspecto semellante a este, e desta vez ben mereceu a pena, porque ademáis desas formas preciosas coas que me agasallou a L. o mellor agasallo foi que ó rematar deixou todo impecable, tan recollido e sen axuda que non o creo aínda hoxe. Foi TAN bonito. :D

E só unhas imaxes: dos días de chuvia; os ovos que acompañan sempre ó noso brécol con patacas arrefriando antes de pelalos; Oli, compañeira inseparable da L. mentres come (e non para pedir comida, só para acompañala).

E esa sesión de fotos inesperada un día pola mañá, sen presas porque fomos ó dentista e non tivemos que ir ó cole a primeira hora. Deixei un bebé na cama e cando volvín da ducha atopeime con isto. o rei da casa coas raíñas... e entre raias.
Eu son un desastre organizativo, e ademáis non son quen de preparar as cousas, por iso as fotos planificadas non se me dan moi ben, o tempo que me leva a preparación non me compensa... pero quédome coas ganas moitas veces, así que cando pasan casualidades coma estas o momento é triplemente feliz.

E este momento non quero esquecelo nunca: mirade estas caras e dicídime se non teño que ser a persoa máis feliz do mundo, ains! :´)
 

felicidade

4 comentarios:

  1. Pois dálle, a ser feliz :)
    (Di Sabela que Z e L teñen a cara igual, que non as distinguía :o ) )

    ResponderEliminar
  2. ¡Ya lo creo que sí! A mi también me contagian la alegría, besos tartarouchiños!

    ResponderEliminar
  3. Mimá, vexo un cristal tan grande e vexo nenos polo medio e só podo pensar nunha cousa: ¡rotus de cores, deses que serven pra debuxar nas pizarras de cristal de ikea!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. jijiji, sabes que foi o primeiro co que estreamos o cristal? Os rotus eses para pizarra tiñámolos na casa, pero case non se ven porque pintan transparente, e ó borras deixan moi engraxado o cristal ¿¿??
      Pero nas vacacións atopamos rotus para cristal nunha libraría! Xa vos amosarei :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir